Borja Domínguez
Borja Domínguez Domínguez, nado o 30 de maio de 1992 en Vigo, é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Racing de Santander, da Segunda División.
Borja Domínguez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Borja Domínguez Domínguez | ||
Nacemento | 30 de maio de 1992 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vigo, Galiza | ||
Altura | 1,87 m | ||
Posición | Mediocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Racing de Santander | ||
Número | 14 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2004 | Alerta-Traviesas | ||
2004–2011 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2011–2016 | Celta de Vigo B | 99 | (0) |
2011–2012 | → Ourense | 17 | (0) |
2012 | → Vilalonga | 14 | (1) |
2015–2016 | → Racing de Ferrol | 38 | (9) |
2016–2017 | Córdoba | 14 | (1) |
2017 | → Oviedo | 10 | (2) |
2017–2019 | Alcorcón | 23 | (0) |
2019 | → Pontevedra | 15 | (3) |
2019–2021 | Lugo | 25 | (1) |
2021– | Racing de Santander | 31 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 6 de xuño de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNado en Vigo, Domínguez comezou a xogar ao fútbol no Alerta-Traviesas, antes de ingresar nas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o Celta de Vigo, cando iniciaba a súa etapa como infantil.[1] Foi subindo polas diferentes categorías do club e o 24 de abril de 2011 realizou o seu debut co Celta de Vigo B na Segunda División B, cando partiu como titular no encontro entre o filial vigués e o Guadalajara. O xogo finalizou con derrota do Celta B por 0-4.[2] Na seguinte temporada, foi cedido ao Ourense e ao Vilalonga, ambos da Terceira División.[3][4] Após a finalización da temporada, no verán de 2012 regresou ao Celta, converténdose en titular habitual do filial.
Despois de tres temporadas no Celta B, o 9 de xullo de 2015 foi cedido por un ano ao Racing de Ferrol, tamén de Segunda B.[5] Co equipo ferrolán fixo unha temporada destacábel, anotando 9 goles en 38 partidos. Isto chamou a atención do Córdoba CF, da Segunda División, equipo co cal asinou un contrato por dúas temporadas.[6]
Co equipo andaluz debutou no fútbol profesional, concretamente o 20 de agosto de 2016, despois de entrar como suplente na segunda metade da vitoria do seu equipo por 1-0 no Estadio Nuevo Arcángel ante o Tenerife.[7] O seu primeiro gol como profesional chegou un mes despois, anotando na vitoria do seu equipo por 2-1 ante o Real Oviedo. Precisamente, o 31 de xaneiro de 2017, Domínguez foi cedido ao equipo asturiano até final da temporada.
Ao acabar a súa cesión no Real Oviedo, asinou contrato co Alcorcón, tamén da Segunda División. Na súa primeira campaña no club madrileño tivo un comezo irregular, mesturando suplencias con titularidades. Ao comezo da segunda volta asentouse no equipo, mais unha lesión grave ante o Barcelona B deixouno sen xogar durante oito meses. Esta lesión condicionou que o xogador non puidese participar na pretemporada do seu equipo, polo que non conseguiu facerse cun lugar no once inicial. Así, no mercado invernal saíu cedido ao Pontevedra, da Segunda División B. No club pontevedrés volveu a xogar con asiduidade, anotando 3 goles en 15 encontros.
En 2019, libre, asinou polo Lugo da Segunda División. No club lucense volveu lesionarse a finais de decembro no xeonllo, polo que tivo que pasar polo quirófano e perdeu o resto da temporada.[8] Disputou un total de 25 partidos durante as súas dúas campañas no club albivermello.
En agosto de 2021 deixou o Lugo e fichou polo Racing de Santander,[9] equipo co que disputou a primeira edición da nova Primeira División RFEF, proclamándose campión do grupo I por diante do Deportivo da Coruña. Xogou 30 partidos durante a tempada regular, marcando un gol ante o Bilbao Athletic. En xuño disputou a final de campións contra o Andorra na Malata, partido que o seu equipo gañou por 3-0, converténdose así no primeiro campión absoluto da categoría.
Clubs
editarAno | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2010–2011 | Celta B | Segunda B | 1 | 0 |
2011–2012 | Ourense | Terceira | 12 | 0 |
2012 | Vilalonga | Terceira | 14 | 1 |
2012−2013 | Celta B | Terceira | 38 | 1 |
2013–2014 | Celta B | Segunda B | 30 | 0 |
2014–2015 | Celta B | Segunda B | 31 | 0 |
2015–2016 | Racing de Ferrol | Segunda B | 38 | 9 |
2016–2017 | Córdoba | Segunda | 14 | 1 |
2017 | Real Oviedo | Segunda | 10 | 2 |
2017–2018 | Alcorcón | Segunda | 22 | 0 |
2018–2019 | Alcorcón | Segunda | 1 | 0 |
2019 | Pontevedra | Segunda B | 15 | 3 |
2019–2020 | CD Lugo | Segunda | 12 | 1 |
2020–2021 | CD Lugo | Segunda | 13 | 0 |
2021–2022 | Racing de Santander | Primeira RFEF | 31 | 1 |
Palmarés
editar- Racing de Santander
Notas
editar- ↑ "El regreso de Borja Domínguez". Diario de Ferrol (en castelán). 21 de abril de 2016. Consultado o 6 de xuño de 2022.
- ↑ Cabaleiro, N. (25 de abril de 2011). "El Celta B entierra sus opciones" [O Celta B fecha a súas opcións] (en castelán). Faro de Vigo.
- ↑ Rodríguez, L.M. (12 de setembro de 2011). "Borja Domínguez reforza o medio campo do Ourense". La Voz de Galicia.
- ↑ Penedo, P. (1 de febreiro de 2012). "O Vilalonga incorpora cedido ao mediocentro Borja Domínguez" (en castelán). La Voz de Galicia.
- ↑ "Borja Domínguez jugará cedido en el Racing de Ferrol" [Borja Domínguez xogará cedido no Racing de Ferrol] (en castelán). Mundo Deportivo. 9 de xullo de 2016.
- ↑ "Seis razones para seguir con nosotros" [Seis motivos para ficar connosco] (en castelán). Córdoba CF. 1 de xullo de 2016.
- ↑ "Alfaro se reencuentra con el gol para dar el primer triunfo al Córdoba" [Alfaro reencóntrase co gol na primeira vitoria do Córdoba] (en castelán). Marca. 20 de agosto de 2016.
- ↑ Penoucos, X.R. (30 de decembro de 2019). "Borja Domínguez rompe o ligamento cruzado e será baixa varios meses". La Voz de Galicia.
- ↑ Meitín Buján, Ignacio (10 de agosto de 2021). "Borja Domínguez deja de ser jugador del Lugo y ficha por el Racing de Santander". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2022.