Abrir o menú principal

Agrupación Deportiva Alcorcón

(Redirixido desde "AD Alcorcón")

A Agrupación Deportiva Alcorcón é un club de fútbol da cidade de Alcorcón (Madrid). Foi fundado en 1971 e, desde o seu debut na tempada 2010/11, xoga na Segunda División Española.

Alcorcón
NomeAgrupación Deportiva Alcorcón, S.A.D.
Alcume(s)La fiebre amarilla
Fundación1971
EstadioSanto Domingo
Alcorcón, España
Inauguración1999
Capacidade2.800
PresidenteEspaña Julián Villena
AdestradorEspaña Juan Ramón López Muñiz
LigaSegunda División
2013–14
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

HistoriaEditar

A Agrupación Deportiva Alcorcón foi fundada no ano 1971 por Dionisio Muñoz Jerez e tras varias tempadas deambulando por Rexional Preferente e Terceira división na tempada 1999-00 consegue o ascenso á Segunda división B española logrando finalizar na tempada 2000-01 (primeira da súa historia en Segunda B) na 12ª posición. Na seguinte tempada o club non realiza unha campaña tan boa como a anterior e finaliza na 16ª posición, moi preto dos postos de descenso a Terceira. Durante as seis tempadas seguintes o equipo logra quedar clasificado na zona media da táboa, ata a tempada 2008-09 na que queda clasificado como 3º do seu grupo, accedendo así a disputar a promoción de ascenso a Segunda División.

Na promoción de ascenso a segunda logrou eliminar na primeira rolda ao UE Sant Andreu (0-0 e 4-2) e na segunda rolda ao CD Alcoyano (1-0 e 2-1). Na fase final logrou un resultado de 0-0 fronte ao Real Unión de Irún na ida polo que o ascenso decidiríase no Stadium Gal de Irún. No partido disputado en Irún fronte ao Real Unión sufriu unha derrota por 3-1 dicindo adeus ao ascenso de categoría e tendo que conformarse con disputar a tempada 2009-10 en Segunda B. Na tempada 2009-10 o club participa de novo na Copa do Rei debido a que na tempada 2008-09 logrou quedar terceiro clasificado de Segunda B (grupo II).

Alcorconazo e ascenso a SegundaEditar

O 27 de outubro de 2009, o Alcorcón vive o episodio máis ilustre da súa traxectoria tras eliminar da Copa do Rei ao Real Madrid por un marcador global de 4-1. Este episodio foi chamado pola prensa española como o Alcorconazo. O equipo amarelo conseguiu un avultado 4-0 no partido de ida, disputado no Estadio Santo Domingo, e logrou superar a eliminatoria tras conseguir manter a vantaxe no partido de volta no Estadio Santiago Bernabéu, que acabou cun insuficiente 1-0 favorable a un decepcionante Real Madrid, o cal estaba infestado de estrelas do fútbol mundial como Cristiano Ronaldo, Kaká e Karim Benzema.

Nesa mesma tempada queda campión do grupo II de Segunda B e non pasa a primeira eliminatoria de ascenso de campións contra o Granada CF. Con todo, logra pasar as dúas seguintes eliminatorias e subir a Segunda División por primeira vez na súa historia.

Na tempada do debut en Segunda logra a permanencia sen moitos problemas. Na tempada 2011-12 convértese no equipo revelación da categoría e acaba na cuarta posición, disputando o playoff de ascenso a Primeira División. Na semifinal consegue eliminar ao Hércules, pero na final perde contra o Real Valladolid cun resultado global de 2-1, quedando a un paso da máxima categoría.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón amarelo e medias amarelas.
  • Segundo equipamento: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
  • Terceiro equipamento: Camiseta azul escuro, pantalón azul escuro e medias amarelas.

EstadioEditar

Artigo principal: Estadio Santo Domingo.

O estadio do club é o Estadio Santo Domingo, de herba natural. Ten capacidade para 2.800 persoas, todas sentadas. A Cidade Deportiva Santo Domingo atópase no barrio das Retamas, e nas súas proximidades atópanse a estación de Las Retamas e o teatro Buero Vallejo.

Datos do clubEditar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 5
  • Tempadas en 2ªB: 10
  • Tempadas en : 15
  • Tempadas en Categoría Rexional: 14
  • Mellor posto na liga: 4º ( tempada 11-12)

Historial por tempadasEditar

Tempada Categoría Posto
de 71-72 Rexional
a 76-77 Rexional
1977/78 19º  
1978/79 Rexional  
1979/80
1980/81
1981/82
1982/83 12º
1983/84
1984/85
1985/86 10º
1986/87 17º
1987/88 19º  
1988/89 Rexional
Tempada Categoría Posto
1989/90 Rexional  
1990/91 19º  
1991/92 Rexional
1992/93 Rexional  
1993/94 16º
1994/95 21º  
1995/96 Rexional
1996/97 Rexional  
1997/98 20º  
1998/99 Rexional  
1999/00  
2000/01 2ªB 12º
2001/02 2ªB 16º
2002/03 2ªB
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2003/04 2ªB 10º
2004/05 2ªB 11º
2005/06 2ªB
2006/07 2ªB 11º
2007/08 2ªB 14º
2008/09 2ªB
2009/10 2ªB   1/8
2010/11 1/16
2011/12 1/8
2012/13 3ª Rolda
2013/14 1/16
2014/15 - -

XogadoresEditar

Cadro 2012/13Editar

Actualizado a 18 de agosto de 2012

Posto País Xogador
1 POR   Manu
2 DEF   Álvaro Arroyo
3 DEF   Samuel Camille
4 MED   Abraham
5 DEF   Juan Calahorro
6 DEF   Jean-Sylvain Babin
7 MED   Dani Nieto
8 MED   Rubén Sanz
9 DIA   Oriol Riera
10 MED   Sergio Mora
11 DIA   Kike
13 POR   Francisco Dorronsoro
Posto País Xogador
14 DIA   Quini
15 MED   Juli
16 DEF   Victor Laguardia
17 DEF   Carlos Expósito
18 DIA   David Miguélez
19 MED   Fernando Morán
20 MED   Fernando Sales
21 MED   Sergio Prendes
22 DIA   Sergi Enrich
23 DEF   Ángel Sánchez
24 DEF   Nagore
26 POR   Pepelu

Persoas importantes que pasaron polo clubEditar

PalmarésEditar

Véxase taménEditar