Stadium Gal

Coordenadas: 43°20′44″N 1°47′09″O / 43.345556, -1.785833

O Stadium Gal é un estadio de fútbol situado na cidade de Irún, no País Vasco. Nel disputa os seus partidos como local o Real Unión Club. Está a 300 metros da localidade francesa de Hendaia e da fronteira do mesmo estado, xunto ao río Bidasoa. O estadio dispón dunha capacidade de 6.344 espectadores e de céspede natural.

Stadium Gal
Fachada principal del Stadium Gal.JPG
Fachada principal do Stadium Gal
Datos
LocalizaciónIrún, Guipúscoa
España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración19 de setembro de 1926
ArquitectoCarlos Agirretxe
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións100 x 67
Capacidade6.344
PropietarioReal Unión Club
LocalíaReal Unión Club

HistoriaEditar

Foi construído en 1926 nuns terreos doados por Salvador Echeandía Gal. Inaugurouse o 19 de setembro dese ano cun partido entre a Real Unión e o FC Barcelona. Naquela época o equipo irundarra era un dos máis importantes de España, conseguindo varios títulos de Copa.[1]

En 1950 construíuse un velódromo arredor do terreo de xogo que nese mesmo ano acolleu o final dunha etapa da Volta ciclista a España.[1]

En 1997 inaugurouse o novo Stadium Gal, situado no mesmo lugar que o campo vello.[1]

Neste estadio o Real Unión disputou todos os seus partidos como local en Primeira, Segunda, Segunda B e en Terceira e nel logrou a marca de ser o primeiro equipo de Segunda B en eliminar ao Real Madrid nunha eliminatoria (ida 3-2 e volta 4-3).

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Nuestro estadio e instalaciones". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar