O Real Unión Club de Irún é un club de fútbol da cidade de Irún en Guipúscoa (País Vasco, España). Foi fundado en 1915, aínda que as súas orixes remóntanse a 1902, e actualmente xoga no grupo I da Primeira División RFEF.

Real Unión
NomeReal Unión Club de Irún, S.A.D.
Alcume(s)Irundarras
Txuribeltzak
Unionistas
Fundación1915
EstadioStadium Gal,
Irún, España
Inauguración1926
Capacidade5.000
PresidenteEspaña Ricardo García
AdestradorEspaña Aitor Zulaika
LigaPrimeira RFEF
20202–21
Na rede
http://www.realunionclub.com/
Titular
Alternativo

O Real Unión, fundado en 1915 da unión do Racing de Irún e o Irún Sporting, é un club histórico, cofundador da Liga española e catro veces gañador da Copa do Rei. A súa época gloriosa chegou ata principios dos anos 30, cando o profesionalismo entrou no mundo do fútbol e como consecuencia os equipos con máis diñeiro levaron aos xogadores máis importantes do Real Unión.

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella e negra vertical, pantalón negro e medias vermellas.[1]

Antigamente o Real Unión xogaba tamén con camiseta a raias brancas e negras e pantalón negro.

Estadio

editar

O estadio do Real Unión é o Stadium Gal, situado na cidade de Irún. Ten capacidade para 5.000 espectadores e foi inaugurado en 1926. A última remodelación é de 1997. O estadio atópase a escasos 300 metros da fronteira internacional entre España e Francia.

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Datos do 20 de xaneiro de 2010.
Posto País Xogador
1 POR   Xabier Otermin
2 DEF   Yuri Berchiche Izeta
3 DEF   Iker Gabarain
4 DEF   Héctor Ladero Rivas
5 DEF   Iosu Iglesias
6 DEF   Mari Lacruz
7 MED   Félix Quero
8 DIA   Rubén Durán
9 DIA   Iñaki Goikoetxea
10 DIA   Sergio Francisco
11 MED   Iker Alegre
13 POR   Javi San Sebastián
Posto País Xogador
14 MED   Rubén García Martínez
16 DEF   Iñigo Sarasola Laskurain
17 DEF   Iosu Esnaola
18 MED   Luisma Villa
19 DIA   Gorka Brit
20 MED   Eneko Romo
21 DEF   Javi Castellano
22 DIA   Javier Alamo Cruz
23 DEF   Iñaki Descarga
25 MED   Aiert Ordoñez
27 MED   Beñat Etxebeste

Datos do club

editar

Palmarés

editar

Torneos nacionais

editar
*Tamén gañada en 1913 polo Racing Club de Irún, un dos equipos que se fusionou para formar o Real Unión.

Torneos rexionais

editar
  • Campión de Guipúscoa (9): 1920, 1921, 1922, 1924, 1926, 1928, 1930, 1931 e 1947.
  • Campión do Norte (1): 1918.

Torneos de afeccionados

editar
  1. "Equipamentos 2009/10 - realunionclub.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2009. 
  2. "PALMARÉS - Los blancos alcanzan su 20º entorchado copero". RFEF.es (Web oficial da RFEF) (en castelán). 6 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2023. Consultado o 21 de maio de 2023. PALMARÉS DEL CAMPEONATO DE ESPAÑA - COPA DE SM EL REY 
  3. Real Federación Española de Fútbol (Marzo de 2011). "Historial" (PDF). Revista Oficial de la R.F.E.F. p. 70. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 18 de xullo de 2012. Consultado o 21 de maio de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar