Estadio Santo Domingo

Coordenadas: 40°20′20″N 3°50′26″O / 40.338889, -3.840556

O Estadio Santo Domingo é un estadio de fútbol da cidade de Alcorcón, no que disputa os seus partidos como local a Agrupación Deportiva Alcorcón que actualmente milita na Segunda División.

Santo Domingo
O estadio durante o partido Alcorcón-Ontinyent
Datos
LocalizaciónAvenida Retamas, 3
Alcorcón, Madrid, España
Construción
Inauguración1999
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade5.000
PropietarioConcello de Alcorcón
LocalíaAD Alcorcón

O seu terreo de xogo é de herba natural, o estadio dispón de chanzos con capacidade para 5.000 espectadores (todos sentados). O estadio foi inaugurado no 1999 coa visita do Real Madrid, o resultado dese partido foi 0-0.

Alcorconazo editar

O 27 de outubro de 2009 disputouse no Estadio Santo Domingo o partido de ida dos dezaseisavos da Copa do Rei entre o Alcorcón de Segunda División B e o Real Madrid. Debido ao sorprendente resultado de 4 a 0 a favor do Alcorcón, este partido recibiu o apelativo de Alcorconazo. O partido de volta, no Estadio Santiago Bernabéu, saldouse coa vitoria do Real Madrid por 1 a 0, o que non impediu o pase do Alcorcón á seguinte rolda por un global de 4 a 1.

Plans de ampliación editar

Co ascenso da Agrupación Deportiva Alcorcón á Segunda División Española estase estudando realizar unha ampliación das bancadas para poder dar cabida a máis espectadores. Ampliarase o aforamento dos 3.000 espectadores acturlaes ao dobre, 6.000, podendo ser 12.000 se o club ascende a 1ª División. O proxecto terá un custo duns 6 millóns de euros.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar