Karim Benzema
Karim Benzema, nado en Lión o 19 de decembro de 1987, é un futbolista francés de orixe alxeriana. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Real Madrid.
Karim Benzema | |||
---|---|---|---|
![]() Benzema co Real Madrid en 2015 | |||
Información persoal | |||
Nome | Karim Mostafa Benzema | ||
Nacemento | 19 de decembro de 1987 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lión | ||
Altura | 1,84 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Real Madrid | ||
Número | 9 | ||
Carreira xuvenil | |||
1996–2005 | Lyon | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2006 | Lyon B | 20 | (15) |
2004–2009 | Lyon | 112 | (43) |
2009– | Real Madrid | 223 | (115) |
Selección nacional | |||
2004 | Francia sub-17 | 2 | (1) |
2004–2005 | Francia sub-18 | 16 | (14) |
2005–2006 | Francia sub-19 | 8 | (4) |
2006–2007 | Francia sub-21 | 5 | (0) |
2007– | Francia | 81 | (27) |
Na rede | |||
http://www.benzema.com | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 29 de outubro de 2016. Selección: actualizado a 11 de outubro de 2015.[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Como xuvenil do Gones (sobrenome principal do Olympique de Lión e palabra só usada en Lión para referirse de maneira familiar aos nenos) gañou un campionato de xogadores de 18 anos en Francia en 2005 (12 goles en 14 partidos) e foi finalista no Campionato de Fútbol Afeccionado en 2005 e 2006.
Comezou a súa carreira profesional na tempada 2004-2005 baixo as ordes de Paul Le Guen, aínda que disputou poucos partidos e non marcou ningún gol. O seu primeiro gol en partido oficial co Olympique de Lión foi en 2005 nun partido de Liga de Campións contra o Rosenborg, no que foi o súa primeira participación en devandita competición.
O 1 de xullo de 2009, o Olympique de Lión fixo oficial a súa fichaxe polo Real Madrid por 35 millóns de euros.[1] Foi presentado no estadio Santiago Bernabéu o 9 de xullo con máis de 15.000 persoas. O 20 de abril de 2011 gañou o seu primeiro título co Real Madrid, logo de vencer ao FC Barcelona na final de Copa.
En outubro de 2021, no xuízo de Karim Benzema no caso de sextape Mathieu Valbuena, a fiscalía de Versalles pediu ao xulgado penal que pronuncie unha pena de prisión suspendida de dez meses e unha multa de 75.000 euros contra Karim.
Selección nacionalEditar
O 28 de marzo de 2008 xogou o seu primeiro partido coa selección absoluta de Francia contra Austria no Stade de France, onde marcou o seu primeiro gol cos bleus.
En 2008 xogou tamén o seu primeiro trofeo internacional coa selección absoluta, a Eurocopa de Austria e Suíza, onde o seu equipo non conseguiu superar a fase de grupos, empatando con Romanía e perdendo cos Países Baixos e Italia. Neste campionato, Karim xogou 2 partidos e non marcou ningún gol.
PalmarésEditar
Campionatos nacionaisEditar
Campionatos internacionaisEditar
Título | Club (*) | País | Ano |
---|---|---|---|
Europeo Sub-17 | Selección de Francia | Francia | 2004 |
UEFA-CAF Meridian Cup | Selección de Francia | Turquía | 2005 |
(*) Incluíndo a Selección
Distincións individuaisEditar
Distinción | Ano |
---|---|
Trofeo Bravo | 2008 |
Máximo goleador da Ligue 1 | 2008 |
Xogador do ano da Ligue 1 | 2008 |
Equipo do ano da Ligue 1 | 2008 |
NotasEditar
- ↑ "Traspaso de Karim Benzema ao Real Madrid" (en francés). 1/07/2009. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2009. Consultado o 1/07/2009.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karim Benzema |
- Sitio web oficial
- Karim Benzema no sitio do Real Madrid
- Datos do xogador en fifa.com Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Datos do xogador en uefa.com (en inglés)