O Stade de France (Estadio de Francia en francés) é un estadio situado en Saint-Denis, ao norte de París, en Francia. Cunha capacidade para 81.338 espectadores é o maior estadio do país.

Stade de France

Stade de France
Tipoestadio de fútbol, estadio de rugby, Estádio Olímpico (pt) Traducir e national stadium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoFrancia Editar o valor en Wikidata
InstalaciónsQ120169931 Traducir e athletics stadium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Custo364 millóns de €
Localización
Mapa
 48°55′28″N 2°21′36″L / 48.9244, 2.36
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsIlla de Francia
DepartamentoSena-San Denis
DistritoDistrito de Saint-Denis
Comuna francesaSaint-Denis Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSaint-Denis, Francia
EnderezoZAC du Cornillon Nord, F-93210 Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación2 de maio de 1995 Editar o valor en Wikidata
Inauguración28 de xaneiro de 1998
Acontecementos
Mundial de Fútbol Francia 1998
Copa do Mundo de Rugby 2023
Copa das Confederações de 2003 (pt) Traducir
Copa do Mundo de Rugby 2007
Copa do Mundo de Rugby 1999
Atentados de París de novembro de 2015
Final da Liga dos Campeões da UEFA de 2005-06 (pt) Traducir
Xogos Olímpicos de 2024
2000 UEFA Champions League Final (en) Traducir
Eurocopa de Fútbol Francia 2016
Campeonato Mundial de Atletismo de 2003 (pt) Traducir
Final da Liga dos Campeões da UEFA de 2021–22 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Anchura280 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude320 m Editar o valor en Wikidata
Capacidade81.338
Superficie17 ha Editar o valor en Wikidata
Tipo superficieDesso GrassMaster Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aConsortium Stade de France
Arquitecto/aMichel Macary
Aymeric Zublena
Michel Regembal
Claude Constantini
Operador/aConsortium Stade de France (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupanteFrancia, Francia e Team Vitality (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol, rugby a 15 e atletismo Editar o valor en Wikidata
LocalíaSelección de rugby de Francia
Selección de fútbol de Francia
Contacto
Páxina WEBstadefrance.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: StadeFrance Twitter: StadeFrance Instagram: stadefrance Youtube: UCrKAqpPwFcBvxZGvaqQlYbQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Inaugurouse o 28 de xaneiro de 1998 no partido de fútbol entre Francia e España. Construído para o Mundial de Fútbol de 1998, deseñouse tamén para acoller diversos eventos deportivos (fútbol, rugby, atletismo, probas automobilísticas), concertos e grandes espectáculos en xeral. A súa capacidade oscila entre 75.000 asentos (atletismo), 81.338 (fútbol e rugby) e 90.000 (concertos, espectáculos) grazas ás súas bancadas inferiores retráctiles.

Esta construción tivo por obxectivo facer coñecer e desenvolver a zona de La Plaine - Saint-Denis, unha zona industrial en declive, con novos barrios residenciais e novas actividades terciarias. O Stade de France permitiu dar un rostro atractivo á dirección das empresas.

Esta zona benefíciase das boas comunicacións do estadio: 2 estacións RER (liñas B e D), unha estación de metro e conexións de liñas de autobús co norte, o oeste e o centro de París.

O equipo de arquitectos que o deseñaron está composto por Michel Macary, Aymeric Zublena, Michel Régembal e Claude Costantini (asociación das axencias SCAU e C. R. Architecture). O Xefe de Proxecto foi o arquitecto Norteamericano Tom Sheehan, cuxa labor neste proxecto tivo como recompensa a obtención da Medalla de Prata da Academia Francesa de Arquitectura. A xestión e mantemento do estadio corre a cargo da empresa Bouygues, GTM, unha filial de Vinci e STF.

Historia

editar

Concibido coa axuda dun programa informático de simulación de xentío, o Stade de France permite unha evacuación moi ordenada e que evita as aglomeracións, en comparación á de estadios máis pequenos que el.

Dende 1998, desenvólvense alí as finais da Copa de Francia, da Copa da Liga de fútbol, os partidos do Torneo das Seis Nacións e a final do campionato de Francia de rugby. Acolleu tamén o Campionato do Mundo de Atletismo en 2003 e a final da Liga de Campións de fútbol en 2000, na que o Real Madrid impúxose ao Valencia CF por 3-0. O 17 de maio de 2006 acolleu a final de Liga de Campións entre o FC Barcelona e o Arsenal FC, na que o conxunto catalán impúxose por 2 a 1.

Levou provisionalmente o nome de Stade de France - París 2012 (posto que sería o estadio olímpico de París 2012) até a designación de Londres para os Xogos Olímpicos de 2012.