Top 14
O Top 14 (Pronunciación francesa: [tɔp katɔʀz]) é unha competición profesional de clubs de rugby de Francia. É a máxima categoría francesa e está xestionada pola Ligue nationale de rugby (LNB), a xestora do rugby profesional galo. O nome de Top 14 é debido ao número de equipos que participan no torneo, os cales poden descender e promocionar desde a categoría inmediatamente inferior, o Rugby Pro D2. Anteriormente, a categoría era coñecida como Top 16, adoptando o seu actual número de equipos en 2005.
Nome na lingua orixinal | (mul) Top 14 |
---|---|
Tipo | professional sports league (en) |
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | National Rugby League (en) (1998–) |
Liga inferior | Pro D2 |
Localización e Datas | |
Localización | Francia Metropolitana (Francia) 46°N 2°L / 46, 2 |
País | Francia |
Vixencia | 1892 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 116 |
Outro | |
Cancelo | #TOP14 |
Páxina web oficial | top14.lnr.fr |
Fundada en 1892, a primeira final da competición tivo lugar entre dous equipos de París, o Stade Français e o Racing Club de France, únicos dous equipos que participaron esa temporada. Así, o Racing foi o primeiro campión de Francia. Desde aquela, a competición é celebrada anualmente coas excepecións de entre 1915 e 1919 pola primeira guerra mundial e 1940 e 1942 pola segunda. O equipo con máis títulos do campionato é o Toulouse con 21, seguido do Stade Français con 14 e o AS Béziers Hérault con 11.
Historia
editarO Campionato francés de rugby existe dende o ano 1892. O primeiro campión foi o club parisiense do Racing Club de France, actualmente coñecido coma Racing Métro 92, vencendo na final ao Stade Français París nun encontro arbitrado por Pierre de Coubertin, quen catro anos despois sería o primeiro presidente do Comité Olímpico Internacional. Durante os seguintes anos a competición foi dominada por estes dous equipos. En 1899 o torneo incluíu equipos de fóra de París por vez primeira, resultando gañador o Stade Bordelais de Bordeos, nunha final que tamén por vez primeira foi xogada fóra de París. Na primeira década do século XX os dous equipos dominantes foron o Stade Bordelais (5 títulos) e o Stade Français (3 títulos). En 1910 a Selección de rugby de Francia foi incluída por vez primeira no Torneo das Seis Nacións grazas ó nivel acadado por aquel entón polos xogadores franceses.
Nos anos anteriores á primeira guerra mundial a Ligue Nationale de Rugby viu como o dominio da competición pasaba aos equipos da metade sur de Francia que dominarían no futuro o palmarés da competición. Stade Toulousain acadou a súa primeira liga en 1912, Aviron Bayonnais en 1913, e USA Perpignan en 1914. A liga detívose entre 1914 e 1920, e cando retornou, os equipos parisienses xa non tiñan o nivel abondo para loitar cos equipos do sur de Francia. Stade Toulousain gañou cinco campionatos na década de 1920, por dous títulos do USA Perpignan.
Na década de 1930 houbo oito campións distintos, entre eles Biarritz Olympique e SU Agen. Neses anos as finais xogábanse sempre nas cidades de Tolosa e Bordeos, reflexo do poder que o sur de Francia tiña neste deporte. En 1932 a Selección de rugby de Francia foi expulsada do Torneo das Seis Nacións polas sospeitas de profesionalismo no campionato francés nun rugby que daquela aínda era afeccionado. Por mor da segunda guerra mundial, o campionato francés detívose de novo entre 1939 e 1943. Cando a competición volveu, as finais tamén volveron,durante catro anos, ao Parc des Princes de París. Na década de 1950 vivíuse o dominio do Football-Club de Lourdes, que acadou sete campionatos até 1960. O nivel da LNR demóstrase na primeira vitoria da Selección de rugby de Francia en 1954 no Torneo das Seis Nacións (readmitida en 1947). Naquela época Tolosa acollía a metade das finais disputadas, sendo a outra metade repartida entre Bordeos e Lión. Isto foi así ata 1974, cando as finais foron oficial e definitivamente levadas a París e a Saint-Denis.
Entre 1971 e 1984 o AS Béziers dominou totalmente o torneo e gañou dez ligas, que sumadas ao primeiro título do equipo en 1961, fixeron que o equipo de Béziers acadase o primeiro posto no palmarés da competición. Armand Vaquerin, membro daquel AS Béziers, conseguiu un total de dez títulos. Na segunda metade da década de 1980 comezou o dominio do Stade Toulousain na competición, acadando 9 ligas entre 1985 e 2001. Os anos 90 confirmaron a definitiva resurrección dos equipos de París. Racing Club de France gañou a liga en 1990, primeiro título dende 1959 e segundo dende 1902. Stade Français París gañou o títulos de 1998 despois de 90 anos dende o seu anterior triunfo. Mais adiante repetiu en 2000, 2003, 2004 e 2007.
Actualmente o club que máis títulos ten é o Stade Toulousain, seguido do Stade Français e o AS Béziers. Desde 1995, ano no cal a IRB (actual World Rugby) proclamou a profesionalización do rugby, os clubs que competían nas máximas categorías da liga francesa (Ligue Nationale de Rugby ou LNR) organizáronse para formar unha competición 100% profesional no país. Nos seguintes anos fixéronse moitas modificacións no formato do torneo, que en 2000 foi bautizado como Top 16, e que desde o ano 2005 funciona co formato actual e o nome actual (Top 14).
Formato
editarA competición preséntase baixo o formato de liga a dobre volta, onde cada equipo enfróntase cos outros 13 dúas veces, unha como local e outra como visitante, completando un total de 26 xornadas. Para mellorar o espectáculo importouse o sistema de puntuación do Super Rugby, de xeito que os puntos cóntanse do xeito seguinte: 4 puntos por unha vitoria, 2 puntos por un empate, 0 por unha derrota e 1 punto por cada equipo que marca máis de catro ensaios nun encontro (bonus ofensivo) e un punto para os equipos que perden por oito puntos ou menos (bonus defensivo). Os 6 mellores equipos enfróntanse na fase de eliminatorias polo título. A final dispútase cada ano no Stade de France de París dende 1998 diante duns 80.000 seareiros. O trofeo que simboliza a vitoria é o Bouclier de Brennus (Escudo de Brennus). Os dous últimos equipos da táboa descenden de categoría, deixando o Top 14 polo Pro D2. Cada tempada está composta por un total de 187 encontros.
Os 6 primeiros equipos da táboa acadan o dereito a disputar a Copa de Campións Europea de Rugby na seguinte tempada. A competitividade deste torneo demóstrase no feito de que os equipos do Top 14 teñen chegado en case 20 edicións á final, acadando 8 campionatos, nos anos 2010, 2005, 2003, 1997 e 1996. A tempada 2010-2011 do Top 14 tivo unha asistencia media ós estadios de 15.119 persoas, por 13.959 da tempada 2009-2010, e 12.735 da tempada 2008-2009. Isto é posible grazas á nova costume dos principais equipos de disputar os seus encontros de máxima rivalidade en estadios de moita maior capacidade que os habituais.
Nos últimos anos, numerosos xogadores procedentes do estranxeiro sumáronse ós equipos do Top 14. Dende a tempada 2017-2018 mudousre o sistema da liga. Estas mudanzas centráronse no sistema de descenso do Top 14 á Pro D2. A partir dese ano, o pechacancelas do Top 14 descende directamente á segunda categoría do rugby francés, sendo substituído polo campión desa competición. No entanto, o penúltimo equipo da liga ten que disputar un play-off co subcampión do Pro D2. O vencedor desa eliminatoria formará parte da seguinte tempada do Top 14.
Equipos
editarOs seguintes foron os equipos do Top 14 para a temporada 2021−22.
- Uniformes
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Palmarés
editarEquipo | Campión | Finalista |
---|---|---|
Stade Toulousain | 21 | 7 |
Stade Français | 14 | 9 |
AS Béziers | 11 | 4 |
SU Agen | 8 | 6 |
FC Lourdes | 8 | 3 |
USA Perpignan | 7 | 9 |
Stade Bordelais | 7 | 5 |
Racing 92 | 6 | 7 |
Biarritz Olympique | 5 | 3 |
Castres Olympique | 5 | 2 |
RC Toulon | 4 | 9 |
Aviron Bayonnais | 3 | 4 |
Section Paloise | 3 | 0 |
ASM Clermont Auvergne | 2 | 12 |
Stadoceste Tarbais | 2 | 3 |
RC Narbonne | 2 | 3 |
Lyon OU | 2 | 1 |
CA Bègles | 2 | 1 |
Stade Montois | 1 | 3 |
US Quillan | 1 | 2 |
Olympique de Pantin | 1 | 1 |
FC Grenoble | 1 | 1 |
CS Vienne | 1 | 0 |
La Voulte Sportif | 1 | 0 |
US Montauban | 1 | 0 |
US Carmaux | 1 | 0 |
FC Lyon | 1 | 0 |
US Dax | 0 | 5 |
CA Brive | 0 | 4 |
Stade Bagnérais | 0 | 2 |
SCUF | 0 | 2 |
Montpellier HR | 0 | 2 |
US Carcassonne | 0 | 1 |
FC Lézignan | 0 | 1 |
US Cognac | 0 | 1 |
SC Mazamet | 0 | 1 |
Nice UR | 0 | 1 |
CS Bourgoin-Jallieu | 0 | 1 |
US Colomiers | 0 | 1 |
Stade Rochelais | 0 | 1 |
Tempada | CAMPIÓN | Resultado | Subcampión | Estadio |
---|---|---|---|---|
2021 | Stade Toulousain | 18 - 8 | Stade Rochelais | Stade de France, Saint Denis |
2020 | Vacante | Vacante | Non se disputou | |
2019 | Stade Toulousain | 24 - 18 | ASM Clermont Auvergne | Stade de France, Saint Denis |
2018 | Castres Olympique | 29 - 13 | Montpellier Hérault RC | Stade de France, Saint Denis |
2017 | ASM Clermont Auvergne | 22 - 16 | RC Toulon | Stade de France, Saint Denis |
2016 | Racing 92 | 29 - 21 | RC Toulon | Camp Nou, Barcelona |
2015 | Stade Français | 12 - 6 | ASM Clermont Auvergne | Stade de France, Saint Denis |
2014 | RC Toulon | 18 - 10 | Castres Olympique | Stade de France, Saint Denis |
2013 | Castres Olympique | 19 - 14 | RC Toulon | Stade de France, Saint Denis |
2012 | Stade Toulousain | 18 - 12 | RC Toulon | Stade de France, Saint Denis |
2011 | Stade Toulousain | 15 - 10 | Montpellier Hérault RC | Stade de France, Saint Denis |
2010 | ASM Clermont Auvergne | 19 - 6 | USA Perpignan | Stade de France, Saint Denis |
2009 | USA Perpignan | 22 - 13 | ASM Clermont Auvergne | Stade de France, Saint Denis |
2008 | Stade Toulousain | 26 - 20 | ASM Clermont Auvergne | Stade de France, Saint Denis |
2007 | Stade Français París | 23 - 18 | ASM Clermont Auvergne | Stade de France, Saint Denis |
2006 | Biarritz Olympique | 40 - 13 | Stade Toulousain | Stade de France, Saint Denis |
2005 | Biarritz Olympique | 37 - 34 | Stade Français París | Stade de France, Saint Denis |
2004 | Stade Français París | 38 - 20 | USA Perpignan | Stade de France, Saint Denis |
2003 | Stade Français París | 32 - 18 | Stade Toulousain | Stade de France, Saint Denis |
2002 | Biarritz Olympique | 25 - 22 | SU Agen | Stade de France, Saint Denis |
2001 | Stade Toulousain | 34 - 22 | ASM Clermont Auvergne | Stade de France, Saint Denis |
2000 | Stade Français París | 28 - 23 | US Colomiers | Stade de France, Saint Denis |
1999 | Stade Toulousain | 15 - 11 | ASM Clermont Auvergne | Stade de France, Saint Denis |
1998 | Stade Français París | 34 - 7 | USA Perpignan | Stade de France, Saint Denis |
1997 | Stade Toulousain | 12 - 6 | CS Bourgoin-Jallieu | Parc des Princes, París |
1996 | Stade Toulousain | 20 - 13 | CA Brive | Parc des Princes, París |
1995 | Stade Toulousain | 31 - 16 | Castres Olympique | Parc des Princes, París |
1994 | Stade Toulousain | 34 - 22 | ASM Clermont Auvergne | Parc des Princes, París |
1993 | Castres Olympique | 14 - 11 | Football Club Grenoble | Parc des Princes, París |
1992 | RC Toulon | 19 - 14 | Biarritz Olympique | Parc des Princes, París |
1991 | Burdeos-Bègles | 19 - 10 | Stade Toulousain | Parc des Princes, París |
1990 | Racing Club de France | 22 - 12 | SU Agen | Parc des Princes, París |
1989 | Stade Toulousain | 18 - 12 | RC Toulon | Parc des Princes, París |
1988 | SU Agen | 9 - 3 | Stadoceste Tarbais | Parc des Princes, París |
1987 | RC Toulon | 15 - 12 | Racing Métro 92 | Parc des Princes, París |
1986 | Stade Toulousain | 16 - 6 | SU Agen | Parc des Princes, París |
1985 | Stade Toulousain | 36 - 22 | RC Toulon | Parc des Princes, París |
1984 | AS Béziers | 21 - 21 | SU Agen | Parc des Princes, París |
1983 | AS Béziers | 14 - 6 | RC Niza | Parc des Princes, París |
1982 | SU Agen | 18 - 9 | Aviron Bayonnais | Parc des Princes, París |
1981 | AS Béziers | 22 - 13 | Stade Bagnérais | Parc des Princes, París |
1980 | AS Béziers | 10 - 6 | Stade Toulousain | Parc des Princes, París |
1979 | RC Narbonne | 10 - 0 | Stade Bagnérais | Parc des Princes, París |
1978 | AS Béziers | 31 - 9 | ASM Clermont Auvergne | Parc des Princes, París |
1977 | AS Béziers | 12 - 4 | USA Perpignan | Parc des Princes, París |
1976 | SU Agen | 13 - 10 | AS Béziers | Parc des Princes, París |
1975 | AS Béziers | 31 - 12 | CA Brive | Parc des Princes, París |
1974 | AS Béziers | 16 - 14 | RC Narbonne | Parc des Princes, París |
1973 | Stadoceste Tarbais | 31 - 16 | Union Sportive Daquoise | Stadium Municipal, Tolosa |
1972 | AS Béziers | 9 - 0 | CA Brive | Stade Gerland, Lión |
1971 | AS Béziers | 15 - 9 | RC Toulon | Parc Lescure, Bordeos |
1970 | La Voulte Sportif | 3 - 0 | ASM Clermont Auvergne | Stadium Municipal, Tolosa |
1969 | Burdeos-Bègles | 11 - 9 | Stade Toulousain | Stade Gerland, Lión |
1968 | Football-Club de Lourdes | 9 - 9 | RC Toulon | Stadium Municipal, Tolosa |
1967 | Union Sportive Montauban | 11 - 3 | Burdeos-Bègles | Parc Lescure, Bordeos |
1966 | SU Agen | 9 - 8 | Union Sportive Daquoise | Stadium Municipal, Tolosa |
1965 | SU Agen | 15 - 8 | CA Brive | Stade Gerland, Lión |
1964 | Section Paloise | 14 - 0 | AS Béziers | Stadium Municipal, Tolosa |
1963 | Stade Montois | 9 - 6 | Union Sportive Daquoise | Parc Lescure, Bordeos |
1962 | SU Agen | 14 - 11 | AS Béziers | Stadium Municipal, Tolosa |
1961 | AS Béziers | 6 - 3 | Union Sportive Daquoise | Stade de Gerland, Lión |
1960 | Football-Club de Lourdes | 14 - 11 | AS Béziers | Stadium Municipal, Tolosa |
1959 | Racing Métro 92 | 8 - 3 | Stade Montois | Parc Lescure, Bordeos |
1958 | Football-Club de Lourdes | 25 - 8 | Sporting-Club Mazamet | Stadium Municipal, Tolosa |
1957 | Football-Club de Lourdes | 16 - 3 | Racing Métro 92 | Stade de Gerland, Lión |
1956 | Football-Club de Lourdes | 20 - 0 | Union Sportive Daquoise | Stadium Municipal, Tolosa |
1955 | USA Perpignan | 20 - 11 | Football-Club de Lourdes | Parc Lescure, Bordeos |
1954 | Football-Club Grenoble | 5 - 3 | Union Sportive Cognac | Stadium Municipal, Tolosa |
1953 | Football-Club de Lourdes | 20 - 16 | Stade Montois | Stadium Municipal, Tolosa |
1952 | Football-Club de Lourdes | 20 - 11 | USA Perpignan | Stadium Municipal, Tolosa |
1951 | Union Sportive Carmaux | 14 - 12 | Stadoceste Tarbais | Stadium Municipal, Tolosa |
1950 | Castres Olympique | 11 - 8 | Racing Club de France | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1949 | Castres Olympique | 14 - 3 | Stade Montois | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1948 | Football-Club de Lourdes | 11 - 3 | RC Toulon | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1947 | Stade Toulousain | 10 - 3 | SU Agen | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1946 | Section Paloise | 11 - 0 | Football-Club de Lourdes | Parc des Princes, París |
1945 | SU Agen | 7 - 3 | Football-Club de Lourdes | Parc des Princes, París |
1944 | USA Perpignan | 20 - 5 | Aviron Bayonnais | Parc des Princes, París |
1943 | Aviron Bayonnais | 3 - 0 | SU Agen | Parc des Princes, París |
1939 | Biarritz Olympique | 6 - 0 | USA Perpignan | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1938 | USA Perpignan | 11 - 6 | Biarritz Olympique | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1937 | CS Vienne | 13 - 7 | AS Montferrandaise | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1936 | RC Narbonne | 6 - 3 | AS Montferrandaise | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1935 | Biarritz Olympique | 3 - 0 | USA Perpignan | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1934 | Aviron Bayonnais | 13 - 8 | Biarritz Olympique | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1933 | Lyon OU | 10 - 3 | RC Narbonne | Parc Lescure, Bordeos |
1932 | Lyon OU | 9 - 3 | RC Narbonne | Parc Lescure, Bordeos |
1931 | RC Toulon | 6 - 3 | Lyon OU | Parc Lescure, Bordeos |
1930 | SU Agen | 4 - 0 | Union Sportive Quillan | Parc Lescure, Bordeos |
1929 | Union Sportive Quillan | 11 - 8 | Football-Club Lézignan | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1928 | Section Paloise | 6 - 4 | Union Sportive Quillan | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1927 | Stade Toulousain | 19 - 9 | Stade Français París | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1926 | Stade Toulousain | 11 - 0 | USA Perpignan | Parc Lescure, Bordeos |
1925 | USA Perpignan | 5 - 0 | Union Sportive Carcasona | Maraussan, Narbona |
1924 | Stade Toulousain | 3 - 0 | USA Perpignan | Parc Lescure, Bordeos |
1923 | Stade Toulousain | 3 - 0 | Aviron Bayonnais | Stade Yves-Du-Manoir, Colombes |
1922 | Stade Toulousain | 6 - 0 | Aviron Bayonnais | Route du Médoc, Le Bouscat |
1921 | USA Perpignan | 5 - 0 | Stade Toulousain | Parc des Sports de Sauclières, Béziers |
1920 | Stadoceste Tarbais | 8 - 3 | Racing Club de France | Route du Médoc, Le Bouscat |
1914 | USA Perpignan | 8 - 6 | Stadoceste Tarbais | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1913 | Aviron Bayonnais | 31 - 8 | Universitaire de France | Stade Yves-Du-Manoir, Colombes |
1912 | Stade Toulousain | 8 - 6 | Racing Métro 92 | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1911 | Stade Bordelais | 14 - 0 | Universitaire de France | Route du Médoc, Le Bouscat |
1910 | Football-Club de Lyon | 13 - 8 | Stade Bordelais | Parc des Princes, París |
1909 | Stade Bordelais | 17 - 0 | Stade Toulousain | Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa |
1908 | Stade Français París | 16 - 3 | Stade Bordelais | Stade Yves-Du-Manoir, Colombes |
1907 | Stade Bordelais | 14 - 3 | Stade Français París | Route du Médoc, Le Bouscat |
1906 | Stade Bordelais | 9 - 0 | Stade Français París | Parc des Princes, París |
1905 | Stade Bordelais | 12 - 3 | Stade Français París | Route du Médoc, Le Bouscat |
1904 | Stade Bordelais | 3 - 0 | Stade Français París | La Faisanderie, Saint-Cloud |
1903 | Stade Français París | 16 - 8 | SOE Toulouse | Prairie des Filtres, Tolosa |
1902 | Racing Club de France | 6 - 0 | Stade Bordelais | Parc des Princes, París |
1901 | Stade Français París | 3 - 0 | Stade Bordelais | Route du Médoc, Le Bouscat |
1900 | Racing Club de France | 37 - 3 | Stade Bordelais | Route du Médoc, Le Bouscat |
1899 | Stade Bordelais | 5 - 3 | Stade Français París | Route du Médoc, Le Bouscat |
1898 | Stade Français París | Racing Club de France | ||
1897 | Stade Français París | Olympique de Paris | ||
1896 | Olympique de Paris | 12 - 0 | Stade Français París | Vélodrôme, Courbevoie |
1895 | Stade Français París | 16 - 0 | Olympique de Paris | Vélodrôme, Courbevoie |
1894 | Stade Français París | 8 - 0 | Inter-Nos | Bécon-Les-Bruyères |
1893 | Racing Club de France | 7 - 3 | Stade Français París | Bécon-Les-Bruyères |
1892 | Racing Club de France | 4 - 3 | Stade Français París | Bagatelle, París |