Stade Chaban-Delmas

(Redirección desde «Parc Lescure»)

O Stade Chaban-Delmas (chamado Parc Lescure ata o ano 2001), é un estadio localizado na cidade de Bordeos, en Francia. Ten unha capacidade para 34.462 persoas.

Stade Chaban-Delmas
Stade Chaban Delmas
Datos
Coordenadas44°49′45″N 0°35′53″O / 44.829167, -0.598056
LocalizaciónBordeos, Francia
Construción
InauguraciónXuño de 1938
Renovación1998
ArquitectoRaoul Jourde, Jacques d'Welles, René Buthaud, Marcel Damboise e Alfred Janniot
Custo12000000 franco francéss
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade34.462
PropietarioVille de Bordeaux
LocalíaFC Girondins de Bordeaux (1938-2015)
Union Bordeaux Bègles (dende 2011)
Webhttp://www.bordeaux2030.fr/bordeaux-demain/parc-lescurechaban-delmas
Eventos
editar datos en Wikidata ]

É o estadio no que xoga os seus partidos como local o Union Bordeaux Bègles de rugby dende 2011. Tamén foi o estadio do FC Girondins de Bordeaux entre 1938 e 2015, cando se traladou ao Stade Bordeaux-Atlantique.

Construído en 1930 como velódromo, foi axiña renovado como estadio de fútbol para acoller partidos da Copa do Mundo de Fútbol 1938. O estadio foi clasificado como edificio histórico, de xeito que non se pode ampliar a súa capacidade. En 1998 se xogou neste estadio a final da Heineken Cup 1997-1998.

O seu nome actual débese a Jacques Chaban-Delmas, quen foi alcalde de Bordeos dende 1947 ata 1995, e que morreu no ano 2000.