Premiership Rugby

A Premiership Rugby, oficialmente coñecida por motivos de patrocinio como Gallagher Premiership,[1] é unha competición profesional de rugby de Inglaterra. Na actualidade conta con trece equipos e é a máxima categoría do rugby inglés. Os participantes clasifícanse para as dúas competicións europeas: a Champions Cup e a Challenge Cup. O último clasificado cada temporada descende ao RFU Championship, sendo substituído polo campión da mesma.

Modelo:Competición deportivaPremiership Rugby
Editar o valor en Wikidata
Nome oficialPremiership Rugby (1997–)
National Division One (1987–1997) Editar o valor en Wikidata
Tipoprofessional sports league (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorRugby Football Union (1987–1996)
English First Division Rugby Ltd (en) Traducir (1996–2001)
Premiership Rugby Limited (en) Traducir (2001–) Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorArthur J. Gallagher & Co. (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorRFU Championship (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes11 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónInglaterra (Reino Unido) 53°N 1°O / 53, -1 Editar o valor en Wikidata
Vixencia1987 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadasetembromaio Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialpremiershiprugby.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: PremiershipRugby Twitter: premrugby Instagram: premrugby Editar o valor en Wikidata

Fundada en 1987, desde a súa fundación a competición ten recibido diferentes nomes por motivos de patrocinio: Courage League (1987−1997), Allied Dunbar League (1997−2001), Zürich Premiership (2001-2005), Guinness Premiership (2005−2010) e Aviva Premiership (2010−2018). O equipo máis laureado da historia da competición son os Leicester Tigers con dez títulos, seguidos por Bath e Wasps con seis e Saracens con cinco.

Competición

editar

Formato

editar

A tempada regular da Premiership vai de setembro a maio e consta de 22 xornadas, nas que cada club xoga contra o seu rival na casa e fora. Durante un partido da Premiership, os puntos que recibe cada equipo para a clasificación da liga poden ser gañados de varios xeitos distintos:

  • 4 puntos por unha vitoria.
  • 2 puntos por un empate.
  • 1 punto de bonus por perder por sete puntos ou menos.
  • 1 punto de bonus por marcar catro ensaios ou máis nun partido.
  • 0 puntos por unha derrota.

Tralas 22 xornadas da tempada regular, a posición final na táboa de clasificación determina que equipos acceden á fase final (os catro primeiros acceden a semifinais). O primeiro e o segundo teñen o privilexio de xogar na casa as semifinais fronte ao cuarto e terceiro respectivamente. As semifinais se xogan en maio, os gañadores de ámbolos dous partidos acceden á final do campionato, que se xoga en Twickenham. El vencedor da final é o gañador da Liga.

Ascensos e descensos

editar

Hai un sistema de ascensos e descensos, a e dende a Premiership. O equipo clasificado no último lugar trala tempada regular da Premiership descende á National Division One, mentres que o campión da National Division One ascende á Premiership para a seguinte tempada. Porén, os ascensos e descensos están sometidos a un Criterio de Mínimos (Minimum Standards Criteria).

Competicións europeas

editar

Os equipos que xogan a Premiership inglesa tamén compiten nas dúas competicións da European Professional Club Rugby: a Copa de Campións Europea de Rugby e a European Rugby Challenge Cup. Para a Copa de Campións Europea de Rugby clasifícanse os 6 primeiros equipos da liga. O resto de equipos da liga, excepto o que descende, clasifícanse para o European Rugby Challenge Cup. Tamén se clasifica para ese campionato o equipo que ascende. O sétimo clasificado, xoga un play-off de clasificación para poder ir a Copa de Campións Europea de Rugby. Se non gaña esa clasificación vai ao European Rugby Challenge Cup.

Patrocinadores

editar
  • Courage League: de 1987-1988 a 1996-1997
  • Allied Dunbar Premiership: de 1997-1998 a 1999-2000
  • Zurich Premiership: de 2000-2001 a 2004-2005
  • Guinness Premiership: de 2005-2006 a 2009-2010
  • Aviva Premiership: de 2010-2011 a hoxe

Equipos

editar

Os seguintes son os equipos da Gallagher Premiership para a temporada 2021−22.