A Anglo-Welsh Cup, (Copa Anglo-Galesa en galego), chamada LV = Cup por razóns publicitarias, é unha competición anual de rugby organizada pola Federación Inglesa de Rugby na que compiten os 12 clubs ingleses da Aviva Premiership e os 4 clubs galeses da Rabodirect Pro12.

Modelo:Competición deportivaAnglo-Welsh Cup
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Vixencia1972 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadanovembroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficiallv.com… Editar o valor en Wikidata

O torneo comeza a principios de novembro e remata a finais de marzo. As datas nas que se disputan as semifinais e a final coinciden coas datas da disputa do Torneo das Seis Nacións, de xeito que os equipos adoitan ter ausencias destacables nas súas ringleiras.

Malia isto, o que fai que esta competición sexa atractiva para os seareiros e para os clubs participantes, é que o equipo gañador do torneo obtén unha praza para participar na tempada seguinte da Heineken Cup, a máxima competición continental.

Historia

editar

A competición orixinal comezou na tempada 1971/72 só entre clubs ingleses, e cun formato de eliminatorias directas. Foi o primeiro torneo oficial entre clubs existente en Inglaterra, e podían participar nel tódolos clubs do país. Hoxe o formato do torneo é moi diferente, e está formado por unha primeira fase de liga na que hai 4 grupos con 4 equipos en cada un, e unha segunda fase na que os primeiros de cada grupo xogan entre si as 2 semifinais e a final.

Por mor dos patrocinadores, o torneo tense coñecido con varios nomes:

  • John Player Cup (1976-1988)
  • Pilkington Glass Cup (1989-1997)
  • Tetley's Bitter (1998-2000)
  • Powergen Cup (2001-2005)
  • EDF Energy Cup (2006-2009)
  • LV Cup (2010-actual)

O formato de eliminatorias directas desapareceu cando se introduciu a participación dos 4 equipos profesionais de Gales, e que participaron por vez primeira no torneo na tempada 2005/06.

Os clubs que máis éxito tiveron nesta competición son Bath Rugby, con 10 vitorias en 11 finais, e Leicester Tigers, con 7 vitorias en 13 finais. Son os equipos con máis vitorias e tamén con máis presenzas na final.

O título da temporada 1981/82 foi compartido por Gloucester e Moseley que fixeron táboas a 12 na final.

Campións

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar