Heineken Cup
A Heineken Cup foi a máxima competición europea de clubs de rugby entre 1995 e 2014. A particularidade e a orixinalidade da Heineken Cup foi facer competir entre eles a clubs, rexións e franquías das seis nacións: Francia, Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e Italia. (Tamén outros clubs romaneses participaron na Heineken Cup e os mellores clubs españois e portugueses na European Challenge Cup que viría sendo máis ou menos o equivalente da Copa da UEFA en fútbol). Na temporada 2014-2015, a Heineken Cup foi substituída pola European Rugby Champions Cup.
Tipo | competición de rugby a 15 |
---|---|
Localización e Datas | |
Localización | Escocia (Reino Unido) Inglaterra (Reino Unido) Illa de Irlanda Gales (Reino Unido) Francia Italia |
Vixencia | 1995 – |
Competición | |
Primeiro posto | Saracens F.C. |
Datos estatísticos | |
Partidos | 67 |
- Para a actual máxima competición entre clubs europea de rugby véxase: European Rugby Champions Cup.
Historia
editarFundación
editarNos anos '60, franceses, romaneses e alemáns xa trataran de crear unha Copa de Europa de rugby con clubs representando a cada un deses países. Mais os clubs británicos non participaban na competición.
Nos anos '80 o club francés do Stade Toulousain organizara un Master e un Torneo do centenario, onde os mellores clubs e provincias de varios países do mundo participaban. Esas competicións foron gañadas por ese mesmo club.
Logo do terceiro mundial de rugby en 1995, a International Rugby Board tomou a decisión de autorizar a práctica profesional do rugby. Pouco tempo despois, os clubs e provincias de Francia, Gales, Irlanda, Italia e Romanía participaron na primeira Copa de Europa de rugby, e o fabricante de cervexa holandés Heineken xa era o principal patrocinador da competición.
Abandono da ERC e creación da nova Copa (2012-14)
editarNo ano 2012, clubs franceses e ingleses manifestaron protestas contra o formato e a estrutura da Heineken Cup (organizada pola European Rugby Cup (ERC)) basándose na distribución de fondos económicos e no sistema de clasificación. Algúns fixeron protestas de que nun futuro, en lugar de que os países do Pro12 mandaran o mellor equipo de cada nación, tiveran que ir os mellores posicionados do Pro 12, sendo indiferente a súa nacionalidade.
En xuño de 2012, a Aviva Premiership e o Top 14, en representación dos clubs ingleses e franceses, notificáronlle á ERC que nun prazo de dous anos os equipos deixarían de xogar na Heineken Cup e no European Challenge Cup.
En setembro de 2012, os equipos da liga inglesa anunciaron un contrato de catro anos de televisión por 125.000.000 £ con BT Sport, o cal incluía os dereitos tanto para as competicións nacionais como para as competicións europeas. A ERC respondeu este anuncio reclamando á liga de Inglaterra que non tiña os dereitos das competicións europeas e anunciando un contrato da mesma duración para estes torneos pero con Sky Sports. En consecuencia, 12 meses máis tarde destes anuncios, os equipos ingleses e franceses proclamaron a súa intención de organizar o seu propio torneo continental, convidando ao resto de clubs europeos a unirse a el. Esta competición chamaríase Copa de Campións (en inglés: Champions Cup).
Un mes máis tarde, en outubro de 2013, a Federación de Rugby de Gales, representando os catro equipos da nación, confirmou o seu total apoio á nova Copa de Campións de rugby proposta polos ingleses e franceses.
Torneo actual (Copa de Campións Europea de Rugby)
editarO 10 de abril de 2014, logo de dous anos de duras negociacións, unha organización nova denominada European Professional Club Rugby anunciou que os tres grupos anteriores firmaran un acordo para a formación da European Rugby Champions Cup, a European Rugby Challenge Cup e un novo Torneo de Clasificación. No mesmo día, BT e Sky firmaron outro acordo, este para dividirse a cobertura da nova competición europea. Os dous emitirían os partidos da fase de grupos á metade, así como os cuartos de final e as semifinais. A final retransmitiríana as dúas canles de televisión á vez. BT tería o dereito preferente para elixir os partidos da Copa de Campións, mentres que Sky tería esa preferencia para os partidos da Challenge Cup.
Palmarés
editarFinais
editarTítulos
editarEquipo | Campión | Finalista | Anos campión | Anos finalista |
---|---|---|---|---|
Stade Toulousain | 5 | 2 | 95/96, 02/03, 04/05, 09/10, 20/21 | 03/04, 07/08 |
Leinster Rugby | 4 | 1 | 08/09, 10/11, 11/12, 17/18 | 18/19 |
Saracens FC | 3 | 1 | 15/16, 16/17, 18/19 | 13/14 |
RC Toulon | 3 | 0 | 12/13, 13/14, 14/15 | |
Leicester Tigers | 2 | 3 | 00/01, 01/02 | 96/97, 06/07, 08/09 |
Munster Rugby | 2 | 2 | 05/06, 07/08 | 99/00, 01/02 |
Wasps RFC | 2 | 0 | 03/04, 06/07 | |
Ulster Rugby | 1 | 1 | 98/99 | 11/12 |
Northampton Saints | 1 | 1 | 99/00 | 10/11 |
CA Brive | 1 | 1 | 96/97 | 97/98 |
Bath Rugby | 1 | 0 | 97/98 | |
Exeter Chiefs | 1 | 0 | 19/20 | |
ASM Clermont | 0 | 3 | 12/13, 14/15, 16/17 | |
Racing 92 | 0 | 3 | 15/16, 17/18, 19/20 | |
Stade Français | 0 | 2 | 00/01, 04/05 | |
Biarritz Olympique | 0 | 2 | 05/06, 09/10 | |
USAP Perpignan | 0 | 1 | 02/03 | |
US Colomiers | 0 | 1 | 98/99 | |
Cardiff RFC | 0 | 1 | 95/96 | |
Stade Rochelais | 0 | 1 | 20/21 |