Millennium Stadium
O Millennium Stadium (en galés Stadiwm y Mileniwm) é o estadio nacional de Gales, localizado na súa capital, Cardiff. Neste recinto adoitan xogar as seleccións galesas de rugby e de fútbol mais tamén acolle outros grandes eventos coma o Rally de Gales (Wales Rally GB), etapa do Campionato Mundial WRC, o Gran Premio de Speedway de Gran Bretaña, boxeo e unha grande selección de concertos, con artistas como por exemplo Tina Turner, Madonna, The Rolling Stones ou o festival de Tsunami Relief.
Millenium Stadium | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de rugby, estadio de fútbol e rugby league venue (en) ![]() ![]() | |||
Epónimo | Terceiro milenio e Principality Building Society (en) ![]() ![]() | |||
Fabricante | John Laing plc (en) ![]() ![]() | |||
Custo | 121 millóns de £ | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Gales | |||
Área principal | Cardiff (en) ![]() | |||
Cidade grande | Cardiff ![]() | |||
Localización | Cardiff, Gales | |||
Rúa | Westgate Street (en) ![]() ![]() | |||
Enderezo | Westgate Street, Cardiff CF10 1NS ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1997 ![]() | |||
Inauguración | Xuño de 1999 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Altura | 33 m ![]() | |||
Anchura | 181 m ![]() | |||
Lonxitude | 222 m ![]() | |||
Volume | 1.500.000 m³ ![]() | |||
Capacidade | 74.500 | |||
Pisos | 7 ![]() | |||
Superficie | 40.200 m² ![]() | |||
Tipo superficie | Desso GrassMaster e céspede ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Welsh Rugby Union | |||
Arquitecto | HOK + LOBB Partnership e WS Atkins | |||
Operador | Welsh Rugby Union (en) ![]() ![]() | |||
Ocupante | Welsh Rugby Union (en) ![]() ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | rugby a 15, fútbol, Rugby league e Rugby league ![]() | |||
Localía | Selección de rugby de Gales Selección de fútbol de Gales | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | principalitystadium.wales ![]() | |||
[ Wikidata ] |

O estadio abriu en xuño de 1999 e o primeiro grande evento internacional que acolleu foi un partido amigábel de rugby o 26 entre as seleccións de Gales e Suráfrica. É o estadio con teito retractábel máis grande do mundo e o segundo en construírse en Europa destas características despois do Amsterdam Arena[1]. Cando se acabou de construír este era o estadio máis grande do Reino Unido con capacidade para 74.500 espectadores, máis co tempo foi superado polo Twickenham Stadium, Old Trafford e o novo Wembley Stadium. Agora mesmo é o cuarto estadio en capacidade do Seis Nacións tras Twickenham, o Stade de France e o Croke Park, o máis grande.
O dono do Millennium Stadium é a Millennium Stadium plc unha compañía subsidiaría da Federación de Rugby Galesa (WRU)[2]. O total da construción custou £121 millóns dos que a Millennium Commission achegou £46 millóns.
Notas
editar- ↑ Millenium Stadium: Background to the Project Arquivado 09 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Sobre Millennium Stadium plc". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2009.
A Galipedia ten un portal sobre: Gales |