Stade Toulousain
O Stade Toulousain é un club de rugby francés, da cidade de Tolosa. É considerado como un dos equipos máis importantes do rugby de Francia e de Europa coas súas 5 Copas de Europa.
Nome | Stade Toulousain | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1907 | ||
Sede | Tolosa, Francia | ||
Estadio(s) | Stade Ernest-Wallon | ||
Capacidade | 19.500 espectadores | ||
Presidente | Jean-René Bouscatel | ||
Adestrador | Guy Novés | ||
Capitán | Thierry Dusautoir | ||
Liga(s) | Top 14 | ||
2020-21 | 1 | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.stadetoulousain.fr | |||
Traxectoria
editarO club foi fundado en 1907 da fusión dos dous clubs de estudantes de Tolosa. O club perde a súa primeira final no ano 1909 fronte ao Stade Bordelais mais uns anos máis tarde o club da "Virxe Vermella" (ese é o seu alcume dende aquela) gañou o seu primeiro título na final do campionato francés fronte ao Racing Club de France.
Na década de 1920 o rugby convértese no "Deporte Rei" en Francia, e o Stade Toulousain gañou tres títulos máis (1922, 1923, 1924). Mais o Toulousain terá que agardar ata o final da segunda guerra mundial para poñer de novo a súa pegada no palmarés do Campionato (1947).
Despois de anos de seca, na década de 1970 o Béziers impúxose coma o máximo dominador do rugby de Francia, o club volve ser Campión e a levantar o famoso Escudo de Brennus no ano 85. Grazas a unha nova xeración de adestradores e xogadores, o Stade Toulousain consegue ser a máxima referencia do rugby francés e europeo inventando un novo xeito de xogar, baseada no espectáculo e a eficacia, que segue inspirando a moitos adestradores no mundo.
En 1996, logo da legalización do rugby profesional pola International Rugby Board, os mellores clubs e provincias de Francia, Escocia, Gales, Italia e Romanía compiten na primeira Copa de Europa (chamada Heineken Cup) o Stade Toulousain imponse como o primeiro club en ser Campión de Europa gañando a final contra o Cardiff RFC. A final xogouse no Arms Park de Cardiff. O Toulousain ergueu a Heineken Cup dúas veces máis en 2003 e 2005, o que fai ao club occitano o que máis Copas de Europa ten (ademais perdeu as finais de 2004 fronte aos London Wasps e 2008 fronte ao Munster Rugby de Irlanda). En 2010 acadou a súa cuarta Copa de Europa.
Palmarés
editar- Heineken Cup:
- Campión: 1996, 2003, 2005, 2010, 2021 (5)
- Finalista: 2004, 2008
- Top 14:
- Campión: 1912, 1922, 1923, 1924, 1926, 1927, 1947, 1985, 1986, 1989, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2001, 2008, 2011, 2012, 2019, 2021 (21)
- Subcampión: 1903, 1909, 1921, 1969, 1980, 1991, 2003, 2006
- Coupe de l'Espérance:
- Campión: 1916
- Finalista: 1917
- Challenge Yves du Manoir:
- Campión: 1934, 1988, 1993, 1995, 1998 (5)
- Finalista: 1971 1984
- Copa de Francia de rugby:
- Campión: 1946, 1947, 1984 (3)
- Finalista: 1949, 1985
- Campionato do Mundo de clubs de rugby:
- Campión: 1986
Tempada actual
editar
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | PF | PC | DP | BO | BD | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Montpellier Hérault (F) | 81 | 26 | 17 | 0 | 9 | 752 | 559 | +193 | 11 | 2 | ||||
2º | Racing 92 (SF) | 80 | 26 | 18 | 0 | 8 | 622 | 478 | +144 | 5 | 3 | ||||
3º | Stade Toulousain (CF) | 74 | 26 | 16 | 1 | 9 | 719 | 595 | +124 | 4 | 4 | ||||
4º | RC Toulon (CF) | 73 | 26 | 14 | 0 | 12 | 766 | 507 | +259 | 9 | 8 | ||||
5º | Lyon OU (SF) | 70 | 26 | 15 | 0 | 11 | 689 | 545 | +144 | 7 | 3 | ||||
6º | Castres Olympique (C) | 69 | 26 | 15 | 0 | 11 | 638 | 624 | +14 | 4 | 5 | ||||
7º | Stade Rochelais | 67 | 26 | 14 | 1 | 11 | 686 | 531 | +155 | 6 | 3 | ||||
8º | Section Paloise | 66 | 26 | 15 | 0 | 11 | 590 | 584 | +6 | 2 | 4 | ||||
9º | ASM Clermont Auvergne | 54 | 26 | 11 | 1 | 14 | 629 | 687 | –59 | 4 | 4 | ||||
10º | Union Bordeaux Bègles | 48 | 26 | 10 | 1 | 15 | 557 | 623 | -66 | 2 | 4 | ||||
11º | SU Agen | 46 | 26 | 10 | 0 | 16 | 537 | 757 | -220 | 2 | 4 | ||||
12º | Stade Français | 42 | 26 | 9 | 0 | 17 | 540 | 740 | -200 | 2 | 4 | ||||
13º | Oyonnax Rugby | 39 | 26 | 7 | 3 | 16 | 566 | 824 | -258 | 1 | 4 | ||||
14º | CA Brive | 36 | 26 | 7 | 1 | 18 | 485 | 736 | -241 | 1 | 5 | ||||
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2016/17 — Tempadas — 2018/19 >>>> En verde os equipos clasificados para as semifinais e para a Copa de Campións Europea de Rugby 2018/19 (1º e 2º). |