Rugby Pro D2
campionato de rugby de Francia
(Redirección desde «Pro D2»)
O Pro D2 é o campionato de Francia de rugby de segunda división profesional. Xestionada pola Ligue nationale de rugby (LNB), é a segunda categoría do rugby francés após o Top 14. A liga de segunda división existe desde 1924, aínda que a categoría de profesional non a acadou até o ano 2000. Está considerada como a mellor competición de segunda división de rugby do mundo.
Pro D2 | |
---|---|
Fundación | 1924; hai 99 anos Profesional desde 2000 |
País | ![]() |
Equipos | 16 |
Ascenso | Top 14 |
Descenso | Fédérale 1 |
Actual campión | Aviron Bayonnais (1º título) |
Máis laureado | Lyon OU (3 títulos) |
Organizador | Ligue nationale de rugby |
Sitio web | lnr.fr/rugby-pro-d2 |
EquiposEditar
Os seguintes son os equipos da Pro 14 para a temporada 2019−20.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por rexiónEditar
Número | Rexión | Equipo(s) |
---|---|---|
5 | Occitania | Béziers, Carcassonne, Colomiers, Montauban, Perpignan |
4 | Auvernia-Ródano-Alpes | Aurillac, Grenoble, Oyonnax, Valence |
3 | Nova Aquitania | Biarritz, Mont-de-Marsan, Soyaux Angoulême |
1 | Borgoña-Franco Condado | Nevers |
Bretaña | Vannes | |
Normandía | Rouen | |
Provenza-Alpes-Costa Azul | Provence |
NotasEditar
- ↑ O Valence Romans tamén xoga no Stade Georges Pompidou de Valence, recinto con capacidade para 15.128 espectadores.