Harlequin F.C.

(Redirección desde «Harlequin FC»)

O Harlequin Football Club (tamén coñecido como Harlequins ou Quins) é un club de rugby inglés que xoga na máxima categoría do rugby inglés, a Aviva Premiership. O seu estadio está localizado en Londres e é The Stoop. Este estadio está localizado xusto ao lado do templo do rugby, o Estadio de Twickenham.

Harlequins
NomeHarlequins Football Club
Alcume(s)Quins
Fundación1866
SedeLondres, Inglaterra
Estadio(s)Twickenham Stoop
Capacidade14,816 espectadores
PresidenteInglaterra David Morgan
AdestradorIRFU flag.svg Connor O'Shea
CapitánInglaterra Joe Marler
Liga(s)Aviva Premiership
2015-16-
Casa
Fóra
Páxina web
www.quins.co.uk

Na era afeccionada, moitos dos xogadores traballaban na cidade de Londres, e o club seguiu a ter fortes vínculos co sector financeiro.

HistoriaEditar

O Hampstead Football Club foi fundado en 1866, e o seu primeiro xogo rexistrado tivo lugar en 1867. Foron renomeados como Harlequin Rugby Football Club en 1870, supostamente porque os membros xa non o consideraban como puramente local, e as siglas HFC tiñan que seguir no novo nome. A palabra 'Harlequin' foi atopada nun dicionario e tódolos presentes aceptárona coma o novo nome. Debido a isto, houbo unha escisión nunha parte dos membros, e os que non formaron parte dos Harlequins formaron un novo club coñecido como os Wasps.

 
Harlequins na tempada 2005-2006

Nos seus primeiros anos, foron moi nómades na súa existencia e xogaron nun total de 15 lugares. Dende 1909, só xogaron en tres.

En 1906, os Quins foron invitados pola Rugby Football Union para usar o Twickenham Stadium.

En 1963, os Quins adquiriron un terreo de atletismo de 14 acres (57.000 m2), que se converteu no campo de adestramento dos Harlequins. Este pasou a ser o seu fogar: a terra Stoop Memorial. Este é o nome de Adrian Dura Stoop.

No campo, e coa introdución das ligas en 1987, traendo consigo un contorno máis competitivo, os Quins mantiveran a súa posición na Primeira División, como un dos principais 12 clubs de Inglaterra ata o 2005.

O club gañou os torneos knockout da Rugby Football Union en dúas ocasións: a John Player Cup en 1988 e a Pilkington Cup en 1991. Ademais, xogaron as finais de 1992, 1993 e 2001. En 2012 chegou o seu primeiro título de liga, gañando na final a Leicester Tigers por 30-23.

Harlequins FC é o equipo que máis veces gañou a European Challenge Cup, a segunda competición continental, con 3 títulos no seu palmarés.

PalmarésEditar

Competicións nacionaisEditar

Competición Títulos 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88
  Liga inglesa 1 - 8 4 3 1 7 8 2 6 7 12 6 7 9 11 9 4 10 3 3 8 6 8 8 3 7 8 3
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72
  Copa inglesa 2 - F F F C C
  • Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
  • Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.

Competicións continentaisEditar

Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96
  Copa de Campións Europea de Rugby   Copa de Europa 0 g g ¼ g g ¼ g g g g ¼ ¼
Competición Títulos 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97
  European Rugby Challenge Cup   Challenge Cup 3 ½ C g C g C
  • C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.

Tempada actualEditar

  Aviva Premiership — Tempada 2015/16
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. BO BD
  Saracens 37 9 8 0 1 4 1
  Exeter 34 9 7 0 2 4 2
  Harlequins 31 9 6 1 2 3 2
  Leicester 29 9 7 0 2 1 0
  Northampton 22 9 4 0 5 1 5
  Wasps 20 9 4 0 5 2 2
  Gloucester 20 9 4 1 4 1 1
  Sale 17 8 3 1 4 1 2
  Bath 17 8 3 0 5 1 3
10º   Worcester 10 9 2 0 7 1 3
11º   Irish 8 9 2 0 7 0 0
12º   Newcastle 7 9 1 1 7 0 1

<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>>


En verde      os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º).
En azul      os clasificados para a Copa de Campións Europea de Rugby 2015-2016 (5º e 6º).
En amarelo      posición para disputar o playoff pola Copa de Campións Europea de Rugby.
En rosa      o equipo en descenso directo (12º).


Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar