Courage League 1995-1996

A tempada 1995-1996 da Courage League foi a novena edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Courage do seu principal patrocinador, unha antiga empresa cervexeira. Foi a derradeira edición desta competición cun sistema non profesional, e a primeira cuxos mellores equipos acadaron prazas para participar nas novas competicións europeas (Heineken Cup e Challenge Cup).

Aviva Premiership
Fundación1987
RexiónInglaterra Inglaterra
Equipos12
Actual campiónHarlequins (1º título)
Máis laureadoLeicester (9 títulos)
Sitio webPáxina oficial
Tempada 2012-2013

Formato da competición editar

O torneo estivo composto por 10 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 9 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos pola vitoria.
  • 1 puntos polo empate.
  • 0 punto pola derrota.

A liga comezou o 9 de setembro de 1995, e rematou o 27 de abril de 1996.

Táboa editar

  Courage League — Tempada 1995/96
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per.
  Bath 31 18 15 1 2
  Leicester 30 18 15 0 3
  Harlequins 26 18 13 0 5
  Wasps 22 18 11 0 7
  Sale 19 18 9 1 8
  Bristol 16 18 8 0 10
  Orrell 14 18 7 0 11
  Gloucester 12 18 6 0 12
  Saracens 10 18 5 0 13
10º   West Hartlepool 0 18 0 0 18

<<<< 1994/95 — Tempadas — 1996/97 >>>>


En azul      o campión (1º).
Nesta tempada non houbo equipos descendidos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar