Northumberland

condado de Inglaterra

Coordenadas: 55°10′00″N 2°00′00″O / 55.16667, -2.00000

Northumberland é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido. A súa capital é Alnwick,[1] aínda que o County council (a corporación administrativa elixida que goberna o condado) está na vila de Morpeth,[2] que, segundo o censo do ano 2011, tiña unha poboación de 14 018 habitantes.[3]

Localización de Northumberland en Inglaterra.

Situado na rexión Nordeste, limita ao norte con Escocia, ao leste co mar do Norte (cunha liña de costa de 103 km),[4] ao sur con Tyne e Wear e Durham e ao oeste con Cumbria.[5][6]

Segundo o censo de 2015, tiña 315 300 habitantes.[7] Abarca unha superficir de 50 13 km², polo que, nse ano, a súa densidade de poboación era de 61,28 hab./km².

O límite máis extenso do condado estendíase ao longo do río Humber ao norte, ao igual que o antigo reino de Northumbria do rei Edwin. Na actualidade, porén, o condado abarca unha superficie máis pequena.

Até a reorganización de 1974 incluía a cidad de Newcastle, que era a capital tradicional do condado, pero que agora pertence ao de Tyne e Wear. A capital actual de Northumberland é, como qudou dito, a vila de Morpeth.

Para algunhas cuestións, sobre todo as relacionadas coa fauna e algunhas organizacións deportivas, non se teñen en conta os límites establecidos en 1974.

O condado de Northumberland é coñecido pola súa música tradicional, sobre todo pola interpretada con gaita (Northumbrian smallpipe).

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. "Alnwick". Northumberland County Council. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  2. O County Council de Northumberland trasladouse de Newcastle upon Tyne a Morpeth o 21 de abril de 1981 (ver a nova aquí [1]).
  3. "Censo Inglaterra". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  4. "Northumberland Coast Path – LDWA Long Distance Paths". Ldwa.org.uk. Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  5. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  6. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2019. 
  7. "Area: Northumberland (Local Authority)" (en inglés). Office for National Statistics. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 4 de xuño de 2019.