Tyne e Wear
![]() | |
Capital | Non ten capital |
Área | 538 km² |
Poboación | 1,119.600 (2010) |
Densidade | 2.073 hab./km² |
Distritos | 5 |
Tyne e Wear é un condado metropolitano do Reino Unido, situado na rexión nordeste de Inglaterra. Ocupa unha área de 538 km², cunha poboación estimada en 2010 de 1,119.600 habitantes. Está composto por 5 distritos urbanos, e non existe unha sede do goberno, pois cada distrito funciona de xeito autónomo, polo que este condado non ten ningún funcionamento administrativo como tal, senón tan só unha presenza xeográfica no conxunto dos condados británicos.
Tyne e Wear recibe o seu nome dos ríos Tyne e Wear. O condado limita con Northumberland e Durham.
DistritosEditar
Distritos de Tyne e Wear | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Nº | Distrito | Poboación | |||||
1 | Gateshead | 200.200 | |||||
2 | Newcastle upon Tyne | 280.200 | |||||
3 | North Tyneside | 196.000 | |||||
4 | South Tyneside | 153.700 | |||||
5 | Sunderland | 280.300 |
GaleríaEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tyne e Wear |