O Anxo do Norte (en inglés, Angel of the North) é unha escultura ao aire libre feita en aceiro situada en Gateshead, Inglaterra, deseñada no 1994 polo escultor inglés Antony Gormley.

O Anxo do Norte

Construción editar

A súa construción, iniciada no 1994, non finalizou ata o 1998, investíndose nela a cantidade dun millón de libras. Foi pensada para aturar ventos de ata 160 quilómetros por hora, empregándose para tal fin 600 toneladas de cemento, cuns cimentos que acadan unha profundidade de 20 metros baixo a estatua.

O aceiro de que está feita é dun tipo especial que resiste as inclemencias meteorolóxicas ( o chamado aceiro Corten). Foi fabricada nun obradoiro de Hartlepool en tres partes: o corpo, que pesa arredor de 100 toneladas, e cada unha das ás, cuxo peso se sitúa en 50 toneladas por á, co que a escultura completa chega ás 200 toneladas de peso.

Ao principio a figura suscitou fortes controversias tanto locais como na prensa británica, pero hoxe en día é considerada como un símbolo do Nordeste de Inglaterra.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar