Reino de Northumbria

reino menor dos anglos

Northumbria (en saxón antigo: Norþanhymbra; en nórdico antigo: Norðimbraland, nome que reflicte a súa localización ao norte do río Humber) foi un dos reinos menores dos anglos, mencionado no século XII por Henrique de Huntingdon como parte da Heptarquía anglosaxoa-xuta, os dominios establecidos polos pobos xermánicos que comezaron a invadir Gran Bretaña a finais do século V, cando xa había case 70 anos que fora abandonada polas lexións romanas.

Modelo:Xeografía políticaReino de Northumbria
Norþhymbra rīce (ang) Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 55°00′N 2°30′O / 55, -2.5Coordenadas: 55°00′N 2°30′O / 55, -2.5
Capitalsen valor Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialNorthumbrian (en) Traducir
inglés antigo Editar o valor em Wikidata
Relixiónpaganismo e cristianismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación653 Editar o valor em Wikidata
Disolución954 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata
• King of Northumbria (en) Traducir Editar o valor em WikidataOswiu de Northumbria
Érico I da Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Fundada por anglos baixo o mando de Æthelfrith (Ethelfrith) no que hoxe é o nordés inglés no ano 593 a partir da unión doutros dous reinos menores, Bernicia e Deira, floreceu no século VII, chegando a estenderse polas Terras Altas escocesas e Gales, desde o Humber até o Forth. Tivo a súa capital en Whitby, sede do coñecido sínodo homónimo que decidiu en favor do rito cristián romano fronte ao irlandés para ser implantado en terras británicas.

O territorio northumbrio foi ocupado polos daneses no século IX e integrouse ao reino de Inglaterra en 829, da man das conquistas de Ecgberht de Wessex.

O condado que se formou despois, estaba limitado ao sur polo río Tees e ao norte polo río Tweed (o que hoxe en día é similar á rexión moderna do Nordés de Inglaterra) e foi recoñecido como parte de Inglaterra polo Tratado de York de 1237 entre Inglaterra e Escocia. Berwick-upon-Tweed, que se sitúa ao norte do Tweed, foi definido como súbdito das leis de Inglaterra pola Acta de Gales e Berwick de 1746. O territorio que unha vez foi parte de Northumbria durante o seu apoxeo é administrado hoxe en día por rexións diferentes como Nordés de Inglaterra (Bernicia), Yorkshire e Humber (Deira), Noroeste de Inglaterra (Cumbria), os Scottish Borders, West Lothian, Edimburgo, Midlothian e East Lothian.

Actualmente, Northumbria é a rexión Nordés de Inglaterra. O nome úsase nos títulos da Policía de Northumbria (a cal administra Northumberland e Tyne e Wear) e a Universidade de Northumbria (situada en Newcastle), e tamén foi adoptado pola Xunta de Turismo de Inglaterra para referirse ao Nordés de Inglaterra.

Historia editar

Northumbria orixinalmente estaba composta pola unión de dous reinos dependentes, Bernicia e Deira. Bernicia cubría o territorio norte do río Tees, mentres Deira correspondía ao que hoxe en día é aproximadamente Yorkshire. Bernicia e Deira foron unidos por primeira vez por Æthelfrith, un rei de Bernicia que conquistou Deira ao redor do ano 604. Foi derrotado e morreu en 616 nunha batalla preto do río Idle a mans de Raedwald, rei de Anglia Oriental, quen instalou a Edwin, o fillo de Ælla, un antigo rei de Deira, como o novo rei de Northumbria.

Edwin de Northumbria, que aceptou o cristianismo en 627, pronto se converteu no rei máis poderoso de Inglaterra: foi recoñecido como Bretwalda e conquistou a Illa de Man e o Reino de Gwynedd, no norte de Gales. Con todo, foi derrotado por unha alianza entre o rei exiliado de Gwynedd, Cadwallon ap Cadfan, e Penda, rei de Mercia, na batalla de Hatfield Chase en 633.

Reinado de Oswald editar

 
Vidreira do rei Oswaldo de Northumbria na catedral de San Oswaldo en Gloucester.

Ao morrer Edwin, Northumbria dividiuse outra vez entre Bernicia, onde Eanfrith, un fillo de Ætelfrith, se fixo co poder, e Deira, onde gobernaba un primo de Edwin, Osric. Cumbria tendeu a permanecer unha terra fronteiriza cos britanos. Os dous monarcas reconvertéronse ao paganismo e ambos morreron en combate un ano despois, mentres Cadwallon seguía a súa devastadora invasión de Northumbria. Despois da morte de Eanfrith, o seu irmán, Oswald, apoiado por guerreiros enviados por Domnall Brecc de Dalriada, derrotou e deu morte a Cadwallon na Batalla de Heavenfield en 634.

A partir de entón, Oswald expandiu considerabelmente o seu reino. Incorporou terras de Gododdin ao norte do Fiorde de Forth e gradualmente estendeu o seu dominio cara ao oeste, rodeando os reinos de Rheged e Strathclyde. Por tanto, Northumbria non só formou parte do que hoxe en día é o norte de Inglaterra, senón que tamén cubriu bastante do sueste de Escocia.

O rei Oswald reintroduciu o cristianismo no reino, pero esta vez fíxoo encargándolle a Santo Aidan, un monxe irlandés da illa escocesa de Iona, a tarefa de converter o seu pobo ao cristianismo. Isto levou á introdución do cristianismo celta, diferente do catolicismo romano. Fundouse un mosteiro en Lindisfarne, probabelmente en honra ao seu par insular de Iona.

Con todo, a guerra con Mercia continuou. En 642, Oswald morreu a mans de Penda na Batalla de Maserfield. En 655, Penda lanzou unha invasión contra Northumbria coa axuda de Æthelwald de Deira, pero sufriu unha devastadora derrota a mans de Oswiu, o sucesor de Oswald, na Batalla de Winwaed. A batalla marcou unha etapa importante no destino de Northumbria: Penda morreu nela e Oswiu conseguiu a supremacía sobre Mercia, converténdose no rei máis poderoso de Inglaterra.

Relixión editar

 
Cruz celta.
 
Unha das páxinas dos Evanxeos de Lindisfarne

No ano 664 un gran sínodo tivo lugar en Whitby para discutir a controversia da data das festas de Pascua. Moitos conflitos manifestáronse entre as prácticas da Igrexa Celta en Northumbria e as crenzas da Igrexa católica. Finalmente, Northumbria foi persuadida de retomar as crenzas da fe católica, e o bispo celta, Colman de Lindisfarne, volveu a Iona.

 
Libro de Kells, Folio 292r, introdución ao Evanxeo de Xoán («In principio erat verbum»).

O reino foi afamado como centro relixioso e artístico. Inicialmente Northumbria foi cristianizada por monxes da Igrexa Celta, e isto levou ao florecimiento da vida monástica, cun estilo de arte relixiosa único que combinaba estilos anglosaxóns e celtas. Despois do Sínodo de Whitby en 664 a Igrexa Celta e a Romana uníronse. Con todo, o estilo único de arte relixiosa foi preservado e promovido, cuxo exemplo máis famoso son os Evanxeos de Lindisfarne.

Apoxeo e decadencia editar

Northumbria perdeu o control de Mercia a finais dos anos 650, despois dunha revolta exitosa comandada polo fillo de Penda, Wulfhere, pero recuperou a supremacía até sufrir unha desastrosa derrota polos pictos na Batalla de Nechtansmere en 685. O rei de Northumbria, Ecgfrith (fillo de Oswiu), foi derrotado, e o seu poder no norte foi gravemente ameazado. O reinado pacifista de Alchfrith, o medio irmán e sucesor de Ecgfrith, logrou limitar o dano feito, pero foi desde ese punto que o poder de Northumbria empezou a decaer, e a inestabilidade continuou despois da morte de Alchfrith, acaecida en 704.

Unha serie de invasións escocesas reduciron Northumbria aínda máis até convertela nun condado que se estreitaba desde o Humber até o Tweed, e por moito tempo Northumbria foi disputada entre os emerxentes reinos de Inglaterra e Escocia. Os Duques de Northumbria mantiveron un nivel de independencia de ambos os reinos, pero houbo longos períodos de conflitos polo dominio do condado.

Invasión normanda e partición do reino editar

 
Parte dun mapa, por William Shepherd, das Illas Británicas c. 802, onde se mostra o reino de Northumbria.

Guillerme o Conquistador converteuse en rei de Inglaterra en 1066. Pronto se deu conta de que era necesario controlar Northumbria, que permanecera virtualmente independente dos reis de Inglaterra, para protexer o seu reino da invasión escocesa. Para recoñecer a remota independencia de Northumbria e asegurarse que Inglaterra estivese adecuadamente defendida dos escoceses, Guillerme gañou a alianza do Bispo de Durham e do duque, confirmando os seus poderes e privilexios. Con todo, isto causou rebelións antinormandas. Por tanto Guillerme tentou instalar a Robert Comine, un nobre normando, como Duque de Northumbria, pero antes de que Comine puidese ocupar o cargo, el e 700 dos seus homes foron masacrados na cidade de Durham. En vinganza, Guillerme guiou ao seu exército contra Northumbria nunha sanguenta campaña, un evento que se coñece como o Masacre do Norte. Aethelwin, o bispo anglosaxón de Durham, tentou escapar de Northumbria no momento da matanza con tesouros de Northumbria, pero foi capturado e encarcerado, morrendo no cárcere; a súa sede quedou vacante.

Para acougar as revoltas e protestas, o fillo de Guillerme, Guillerme Rufus, decidiu dividir Northumbria. William de St. Carilef foi nomeado Bispo de Durham, e tamén se lle foi outorgando poderes de Duque para a rexión meridional dos ríos Tyne e Derwent, que formou o Condado de Durham. O resto, a rexión setentrional dos ríos, converteuse en Northumberland, onde os poderes políticos do bispo de Durham se limitaban a só certos distritos, e o duque seguiu rexendo como súbdito do trono inglés.

A cidade de Newcastle foi fundada polos normandos en 1080 co fin de dominar a rexión e o importante punto estratéxico do río Tyne.

Idade Media editar

A rexión tivo unha longa historia de disturbios e revoltas en contra do poder establecido, como se viu na Peregrinación de Graza e o Levantamento do Norte nos tempos da Casa de Tudor. A maior razón foi a forza do catolicismo na área despois da Reforma relixiosa que instaurou o anglicanismo. Iso levou a un fervoroso sentimento xacobita tras a Restauración Inglesa. A rexión cobrou a fama de ser un condado salvaxe, onde fuxitivos e separatistas se escondían da lei, xa que era maioritariamente rural e pouco poboada. Con todo, despois da unión de Escocia e Inglaterra, en 1603, a paz volveu ser instaurada.

Reis de Northumbria editar

Reino Rei Notas
593 - 616 Æthelfrith Primeiro rei de Nothumbria. Rei de Bernicia que conquistou Deiria.
616 - 12 de outubro de 632 Edwin Rei de Deira, que se converteu en monarca de Northumbria e por tanto de Bernicia tamén. Morreu en batalla a mans de Cadwallon ap Cadfan. Santo.
634 - 5 de agosto de 641 Oswald Fillo de Æthelfrith. Deu morte a Cadwallon. Rei de Northumbria. Morreu a mans de Penda de Mercia. Santo.
654 - 15 de febreiro de 670 Oswiu Fillo de Æthelfrith. Logrou unificar os reinos e formou unha Northumbria estable. Deixou de ser Rei de Bernicia no ano 655, para converterse en rei de toda Northumbria.
Febreiro de 670 - 20 de maio de 685 Ecgfrith Fillo de Oswiu. Morreu en batalla contra os pictos. O poder do reino foi gravemente comprometido pola derrota.
20 de maio de 685 - 14 de decembro de 704 Ealdfrith Medio irmán de Ecgfrith.
Finais de 704 - principios de 705 Eadwulf Usurpou o trono dado que Osred apenas era un neno cando o seu pai morreu.
705 - 716 Osred I Fillo de Ealdfrith.
716 - 718 Conred
718 - 29 de maio de 729 Osric Fillo de Ealdfrith. Adoptou a Ceolwulf como o seu herdeiro.
729 – outono de 731 Ceolwulf Un errado golpe de estado no outono de 731 obrigoulle a deixar o trono por un curto tempo.
731 – inverno de 737/8 Ceolwulf O seu poder foi restaurado, pero logo abdicou para converterse en monxe.
737 - 758 Eadberht Primo de Ceolwulf. Abdicou para que o seu fillo fose rei, e logo converteuse en monxe.
758 - 759 Oswulf (Osulf)


Asasinado polos seus serventes.
759 - 765 Aethelwald Moll Destronado.
765 - 774 Ealhred Destronado e exiliado.
774 - 779 Aethelred I Destronado.
779 - 23 de setembro de 788 Aelfwald I Asasinado.
788 - 790 Osred II Destronado e exiliado.
790 - 18 de abril de 796 Aethelred I Retomou o trono.
796 Oswald Exiliouse despois dun reinado de apenas 27 días.
14 de maio de 796 - 806/8 Eardwulf Destronado.
806/8 - 808/10 Aelfwald II
808 - 810 Eardwulf Retomou o trono.
810 - 841 Eanred Fillo de Eardwulf.
840/1 - 844 Aethelred II Destronado.
844 Redwulf Usurpador ao trono.
844 - c. 848/9 Aethelred II Retomou o poder.
C. 848/9 - 862/3 Osberht Destronado.
862/3/7 - 23 de marzo de 867 Aelle Usurpador, asasinado polos daneses xunto a Osberht.
867 - 21 de marzo de 867 Osberht Asasinado polos daneses xunto ao usurpador Aelle.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar