Oswald de Bernicia
Oswald, nado c. 604 e finado o 5 de agosto de 642, foi un rei cristián de Northumbria no século VII, cando o territorio de Inglaterra estaba dividido en pequenos reinos rexidos por liñaxes de orixe xermánica[1].
Oswald de Bernicia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 604 |
Lugar de nacemento | Deira |
Falecemento | 5 de agosto de 642 |
Lugar de falecemento | Oswestry |
Soterrado | Catedral de Durham |
Nacionalidade | Reino de Nortumbria |
Etnia | Anglos |
Ocupación | monarca |
Pai | Æthelfrith de Northumbria |
Nai | Acha |
Cónxuxe | unnamed daughter of Cynegils of Wessex |
Fillos | Aethelwald de Deira |
Irmáns | Ebe de Coldingham, Eanfrith de Bernicia e Oswiu de Northumbria |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Sobriño materno do tamén rei northumbrio Edwin, en 633 reunificou o reino de Northumbria, un ano despois de morrer o seu tío, e chegou a ser o monarca máis poderoso do seu tempo; o monxe Beda o Venerable incluíuno na súa lista de Reis Supremos da antiga Inglaterra, como práctico sucesor de Edwin.
Morreu na batalla de Maserfield contra o rei pagán Penda, o mesmo inimigo que eliminara a santo Edwin dez anos atrás. Como este, Oswald é tamén venerado como santo e como mártir, aínda que o seu culto, extraordinariamente popular, afogou ao do seu predecesor[2].
Sucedeuno no trono o seu irmán Oswiu.
Notas Editar
- ↑ Beda dá o 642 como ano da morte de Oswald; porén, hai certa dúbida sobre se o que Beda consideraba ser o 642 é o mesmo que o que na actualidade sería considerado o 642.
- ↑ Catholic Encyclopedia: St Oswald
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oswald de Bernicia |