Osric de Deira
Osric, finado en 633 ou 634, foi un rei de Deira (632–633 ou 633–634) un antigo reino no norte de Inglaterra. Foi primo do rei Edwin de Northumbria, sendo o fillo do tío de Edwin, Aelfric. Osric foi o pai de Oswine.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | 634 York, Reino Unido |
Rei de Deira | |
633 (Gregoriano) – 644 (Gregoriano) ← Edwin de Northumbria – Oswald de Bernicia → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Oswine de Deira |
Pai | Ælfric |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) |
Traxectoria
editarDespois de que Edwin morreu en batalla contra Cadwallon ap Cadfan do Reino de Gwynedd e Penda de Mercia, Northumbria caeu no caos, con Eanfrith tomando o poder do subreino de Bernicia e Osric tomando poder en Deira. Segundo Beda, Osric foi, do mesmo xeito que Eanfrith, un cristián que se reconverteu ao paganismo despois de tomar o poder.
Con todo, Cadwallon continuou a súa destrutiva invasión de Northumbria. Beda conta que Osric acurrunchou a Cadwallon "nunha forte cidade", pero Cadwallon "saíu de súpeto con todas as súas forzas, por sorpresa, e destruíuno a el e a todo o seu exército."
O ano no que el e Eanfrith reinaron separadamente en Northumbria, foi tan aborrecido polo seu paganismo, que futuros historiadores habían mencionar este ano como parte do reino do seguinte rei, tratando de borrar este episodio da historia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Historia ecclesiastica gentis Anglorum, Libro III, Capítulo I. escrito por Bede.