Aella de Deira

(Redirección desde «Ælla de Deira»)

Ælla (Ela, Aella), finado en 588, é o primeiro rei de Deira do que se ten algunha información. Un dos seus fillos foi Edwin de Deira e a súa filla Acha foi esposa de Aethelfrith de Bernicia e nai de Oswald de Bernicia.

Infotaula de personaAella de Deira
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Mortec. 588 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
King of Deira (en) Traducir
560 (Gregoriano) – 588 (Gregoriano)
← sen valor – Æthelric (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAnglosaxóns Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FillosEdwin de Northumbria, Æthelric (en) Traducir, Acha (pt) Traducir, unknown (?) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiYffi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsÆlfric (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Deira-7

Traxectoria editar

De acordo coa Crónica Anglosaxoa, converteuse en rei o mesmo ano que Ceawlin de Wessex (560), tras a morte de Ida de Bernicia, e reinou por 30 anos. Con todo, a Crónica marca o ano 588 como aquel en que Ælla morreu, sendo o seu sucesor Aethelric. Posiblemente esta foi a razón pola que Florence de Worcester cambiou a data de ascenso ao trono de Ælla ao ano 559, o cal faría manter a duración do seu reinado en 30 anos.

Os manuscritos de Matthew Parker, e as súas subseguintes copias, preservan a seguinte xenealoxía de Ælla:

"Ælla foi fillo de Yffe, o fillo de Uxfrea, o fillo de Wilgisl, o fillo de Westerfalca, o fillo de Sæfugl, o fillo de Sæbaldo, o fillo de Segegeat, o fillo de Swebdæg, o fillo de Sigegar, o fillo de Wædæg, o fillo de Woden".

Nada máis se coñece de Ælla, pero parece ser mencionado na lendaria saga de Gautrek, onde foi visitado polo rei Gautrek.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar