Odín
Odín (Óðinn en antigo nórdico) é o deus soberano na mitoloxía nórdica e no paganismo nórdico, como o anglosaxón Woden, continuación do protoxermánico *Wōdinaz.
Odín | |
---|---|
![]() | |
Tipo | deidade nórdica, deidade da guerra e Rei dos Deuses ![]() |
Parte de | Æsir ![]() |
Semellante a
| |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matadragóns e Rei dos Deuses ![]() |
Familia | |
Nai | Bestla ![]() |
Pai | Bor ![]() |
Cónxuxe | Frigg ![]() |
Parella | Jörð, Rindr, Gríðr, Gunnlod e Freia ![]() |
Irmá/n | Ve, Vili e Hoenir ![]() |
Fillo/a | Balder, Höder, Hermod, Bragi, Víðarr, Thor, Meili, Heimdall, Týr, Winta, Váli, Skjöldr, Göte e Ítreksjóð ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |

Mito
editarO seu nome está relacionado con óðr, que significa "excitación", "furia" ou "poesía". O seu papel, como moitos dos deuses do panteón nórdico, é complexo, estando vinculado á sabedoría, a morte e a guerra, así como tamén á maxia, a poesía, as profecías, a vitoria ou á caza.
Odín aparece representado como un vello dun só ollo, deixando o outro como tributo na fonte sagrada que lle deu a sabedoría como atributos porta unha lanza, un anel de ouro e un cabalo de oito patas e dous lobos que o protexen, as novas transmítenllas os corvos. Como deus dos aforcados pode aparecer coa lingua fóra. Como deus da guerra é un deus sádico e como deus da morte manda queimar os mortos coas súas posesións para que as atopen outra volta en Valhalla.