Ceawlin de Wessex
rei de Wessex até 593
Ceawlin (tamén chamado "Ceaulin" ou "Caelin"), morto c. 593, foi un Rei de Wessex, no que é agora o suroeste de Inglaterra.
Ceawlin de Wessex | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século VI |
Lugar de nacemento | Wessex |
Falecemento | 593 |
Ocupación | monarca |
Pai | Cynric de Wessex |
Nai | unnamed wife of Cynric of Wessex |
Cónxuxe | unnamed wife of Ceawlin of Wessex |
Fillos | Cuthwine of Wessex e Cutha |
Irmáns | Cutha of Wessex |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Cynric de Wessex, e neto de Cerdic de Wessex, quen é considerado como o primeiro Rei de Wessex.
Non existen moitos datos concretos acerca do seu reinado, pero é posíbel que neses anos Wessex vise expandirse o seu territorio. Isto concorda co historiador Beda, quen na súa obra Historia ecclesiastica gentis Anglorum recoñece a Ceawlin como un do oito bretwaldas, que é o nome que os anglosaxóns lles daban a aqueles monarcas que lograran unha supremacía temporal sobre os demais reinos.
Ceawlin morreu en 593 e fora deposto o ano anterior, posibelmente polo seu sucesor, Ceol.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Beda (1991). Ecclesiastical History of the English People. Translated by Leo Sherley-Price, revised R.E. Latham, ed. D.H. Farmer. Londres: Penguin. ISBN 0-14-044565-X. (1991).
- Swanton, Michael (1996). Swanton, Michael (1996). The Anglo-Saxon Chronicle. Nueva York: Routledge. ISBN 0-415-92129-5.