Ceol de Wessex
Ceol de Wessex (tamén chamado Ceola ou Ceolric) foi un rei de Wessex.
Ceol de Wessex | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Falecemento | 597 |
Nacionalidade | Wessex |
Pai | Cutha of Wessex |
Nai | unnamed wife of Cutha of Wessex |
Fillos | Cynegils de Wessex |
Irmáns | Ceolwulf de Wessex |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Cutha (fillo, á súa vez, de Cynric), reinou desde 591/592 até 597, despois de suplantar ao seu tío Ceawlin tras vencelo nunha batalla nun lugar chamado Woden's Barrow ou Wodnesbeorg, en Wiltshire. Así, arrebatou o trono ao seu lexítimo herdeiro, o fillo de Ceawlin Cuthwine. Tras a súa morte, o trono pasou ao seu irmán Ceolwulf, porque o seu fillo Cynegils de Wessex era demasiado novo para asumilo, algo ben visto entre os saxóns.
A liña de Ceol Editar
Ceol foi fundador dunha sub-familia real de Wessex, que gobernou en diferentes períodos até o século VII: 591-645, 648-674 e 676-685, abarcando os seguintes monarcas: Ceol, Ceolwulf, Cynegils, Cenwalh, Seaxburh e Centwine. Doutra banda, Coenwulf de Mercia e Ceolwulf I de Mercia considerábanse descendentes de Ceol, o que significaría que tres séculos despois da súa morte a liña de Ceol seguía presente.
Notas Editar
- Ceol of Wessex na Encyclopædia Britannica. 2009. Encyclopædia Britannica Online. 14 Feb. 2009
- Xenealoxía do Reino de Wessex (512/664) en Reis e Reinos Xenealoxías.