Osred I de Northumbria
Osred, nado c. 697 e finado en 716, foi rei de Northumbria de 705 até a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 697 |
Morte | 716 (18/19 anos) |
Rei de Northumbria | |
705 – 716 ← Eadwulf I de Northumbria – Coenred de Northumbria → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pais | Aldfrith de Northumbria e Cuthburh |
Irmáns | Osric de Northumbria Osana |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) |
Traxectoria
editarEra fillo de Ealdfrith de Northumbria. A única esposa coñecida de Ealdfrith foi Cuthburh, pero non se sabe con certeza se Osred foi o seu fillo. Osred non sucedeu directamente ao seu pai, xa que o trono foi ocupado por Eadwulf, aínda que este último ocupouno por apenas uns meses. Cando o usurpador Eadwulf foi derrocado, Osred só era un neno, e o goberno estivo controlado polo poderoso bispo Wilfrid, presumibelmente asistido por parte da nobreza, como Berhtfrith fillo de Berhtred. Osred foi adoptado por Wilfrid neste momento. A morte do bispo no ano 709 non parece crear ningunha inestabilidade o que, xunto co ascenso e caída de Eadwulf, indícanos unha época de estabilidade e continuidade en Northumbria. No ano 711, Berhtfrith inflixiu unha esmagadora derrota aos pictos, en torno ao curso superior do Forth, pero o reinado de Osred é, por outra banda, irrelevante politicamente. A nivel nacional, varias fontes eclesiásticas describen a Osred como un libertino e depravado rapaz, e un sedutor de monxas. Máis positivamente, en De Abbatibus retrátase a Osred como enerxético en obras e palabras, poderoso nas armas e audaz na súa propia forza e Beda referiuse a el como un novo Xosías. Osred alcanzou a súa maioría de idade en 715 ou 716, e faleceu pouco despois. As circunstancias da súa morte non están claras. A Crónica Anglosaxoa sinala que foi asasinado ao sur da fronteira. David Rollason e N. J. Higham supoñen que a fronteira en cuestión é a fronteira sur picta e que os pictos mataron a Osred.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350–1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 978-0-86299-730-4
- Rollason, David (2004). "Osred I (696x8–716)". Oxford Dictionary of National Biography,. Oxford University Press. Consultado o 2007-08-20.