Abrir o menú principal

O Tratado de York foi asinado en 1237 por Henrique III de Inglaterra e Alexandre II de Escocia. Este tratado marcaba a situación da fronteira de Inglaterra e Escocia que segue imperando, con lixeiras modificacións, na actualidade, sinalando o Fiorde de Solway (no oeste) e o Río Tweed (no leste) como límites naturais entre ambos os dous reinos. Tralo asinamento deste tratado, Alexandre II abandonou definitivamente as aspiracións escocesas a dominar as rexións de Northumbria e Cumbria.