Alexandre II de Escocia
Alexandre II de Escocia nado en Haddington, East Lothian o 24 de agosto de 1198 e finado en Kerrera o 6 de xullo de 1249. Foi rei de Escocia entre 1214 e 1249.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1198 (Gregoriano) Haddington, Reino Unido (pt) |
Morte | 6 de xullo de 1249 (50 anos) Kerrera, Reino Unido (en) |
Lugar de sepultura | Melrose (Escócia) (pt) |
Monarca de Escocia | |
4 de decembro de 1214 – 6 de xullo de 1249 ← Guillerme I de Escocia – Alexandre III de Escocia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | político, monarca |
Outro | |
Título | Monarca de Escocia |
Familia | Casa de Dunkeld |
Cónxuxe | Marie de Coucy (1239 (Gregoriano)–) Joan of England (1221 (Gregoriano)–) |
Fillos | Marjory () Alexandre III de Escocia () Marie de Coucy |
Pais | Guillerme I de Escocia e Ermengarde de Beaumont |
Irmáns | Margaret of Scotland, Countess of Kent Isabella of Scotland, Countess of Norfolk Isabella Mac William Marjorie of Scotland |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A biographical dictionary of eminent Scotsmen, 1857 (en) The Nuttall Encyclopædia >>>:Alexander II. |
Reinado
editarFoi fillo de Guillerme o León e Ermengarda de Beaumont. Á morte do seu pai, o 4 de decembro de 1214, sucedeuno no trono, sendo coroado o 6 de decembro dese mesmo ano.
Ao ano seguinte da súa ascensión ao trono, os clans Meic Uilleim e MacHeths, inveterados inimigos da monarquía escocesa, rebeláronse, pero as forzas leais ao trono derrotáronos. Ao mesmo tempo, Alexandre uniuse aos baróns ingleses contra o rei Xoán sen Terra, e enviou tropas para apoialos. Trala morte do rei Xoán, e a conclusión da paz entre o xove sucesor deste, Henrique III, e o rei francés Lois VIII con Alexandre, concertouse o matrimonio do escocés con Xoana Plantagenet, irmá do rei de Inglaterra. O mesmo celebrouse o 18 ou o 25 de xuño de 1221.
Tras sufocar a rebelión do distrito semi independente de Argyll, as forzas leais a Alexandre esmagaron outra rebelión en Galloway en 1235. Tamén resolvéronse as disputas limítrofes con Inglaterra por un compromiso acordado en 1237.
Trala morte da súa esposa, Alexandre volveu a casar o 15 de maio de 1239 con María de Coucy, coa que tivo un único fillo, Alexandre, en 1241.
Un novo intento de invasión inglesa en 1243 interrompeu por breve tempo as boas relacións entre escoceses e ingleses, pero tanto a anticipación de Alexandre a este ataque como os poucos aires bélicos que tiñan os baróns ingleses, levaron a unha pronta conclusión da paz en Newcastle upon TyneNewcastle, en 1244. Tras estes acontecementos, Alexandre volveu a súa mirada cara ás illas occidentais do seu reino, reclamadas como posesión polos noruegueses. Tras intentar negociar ou mercar as illas, intentou disuadir a Ewen, fillo de Duncan, señor de Argyll, de pregarse á causa do rei Haakon IV de Noruega. Ao non conseguilo, dirixiu as súas forzas contra el, pero foi atacado por unha febre na illa de Kerrera, nas Hébridas Interiores, onde finou en 1249.
Sucedeuno o seu fillo, Alexandre III.
Predecesor: Guillerme I |
Rei de Escocia 1214 - 1249 |
Sucesor: Alexandre III |