Abrir o menú principal
Hébridas Interiores en vermello.

As Hébridas Interiores son un arquipélago de Escocia que se sitúan ao sueste das Hébridas Exteriores. Tradicionalmente as Hébridas Exteriores son divididas en dous grupos: as do Norte e as do Sur

HistoriaEditar

O poboamento das Hébridas Interiores comezou cando os nórdicos chegaron a elas antes do século IX adC. O control nórdico comezou formalmente en 1098 cando Edgar de Escocia pasou as illas a mans de Magnus III, Rei de Noruega. A aceptación dos escoceses de que Magnus III gobernase as illas produciuse cando este último conquistou as Illas Orkney, as Hébridas e a Illa de Man. O rei noruegués acabou con caudillos nórdicos que estaban desde séculos anteriores nas illas e someteunas a un control real directo.

Nun case constante estado de guerra pasarían as Hébridas de Dentro e de Fóra durante o control noruegués, ata que como última instancia, en 1156, dividíronse as Illas Occidentais. As Hébridas Exteriores pasarían a mans do Reino de Mann e as Illas, mentres que as Hébridas de Dentro quedaría baixo o control de Somerlend (político e caudillo escocés), emparentado con Lulach de Escocia e a casa real de Manx. Aínda que as Hébridas Interiores a partir de 1156 pasaron a formar o Reino das Hébridas, nominalmente estaban baixo control noruegués, os caudillos e líderes eran escoceses lingüística e culturalmente.

Logo da vitoria de Somerlend, dous anos despois adxudicaríase o control da Illa de Man para si mesmo, e sería o último "Rei da Illa de Man e as Illas" en gobernar. Somerlend morreu en 1164 e desde aí en diante o goberno de Mann nunca máis estaría vinculado ás Hébridas Interiores.

IllasEditar

Illas do NorteEditar

As Hébridas Interiores do Norte comprende a illa de Skye, as Illas Pequenas e todos os illotes que rodean Skye. Son parte da Highland Council Area. As illas pequenas son:

Illas do SurEditar

As Hébridas Interiores do Sur comprenden Mull, Islay, Jura, as Illas Slate, as Illas Treshnish e os illotes que rodean Mull. Son parte da rexión de Argyll and Bute. As illas máis pequenas son: