Yorkshire e Humber
rexión de Inglaterra
Yorkshire e Humber (en inglés, Yorkshire and the Humber) é unha das nove rexións de Inglaterra. Comprende os condados de South Yorkshire, East Riding Yorkshire, West Yorkshire, a maior parte de North Yorkshire (o resto pertence a North East England), e o norte e nordés de Lincolnshire (o resto pertence a East Midlands). Segundo estimacións realizadas do 2006 conta cunha poboación de 5.142.400 habitantes distribuídos nunha área de 15.420 quilómetros cadrados, sendo a principal cidade da rexión Leeds. Outras cidades de importancia son Sheffield, Kingston upon Hull, Bradford, Wakefield e York.