Aethelred II de Northumbria
Aethelred II foi rei de Northumbria nun período impreciso que podería ir desde 854 ao 862, cunha interrupción no ano 858. A primeira vez que chegou ao poder foi, en substitución do seu pai Eanred.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Morte | 848 |
Rei de Northumbria | |
858 (Gregoriano) – 862 (Gregoriano) ← Raedwulf de Northumbria – Osberht de Northumbria → | |
Rei de Northumbria | |
854 (Gregoriano) – 858 (Gregoriano) ← Eanred de Northumbria – Raedwulf de Northumbria → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Ecgberht I de Northumbria |
Pai | Eanred de Northumbria |
Traxectoria
editarHai pouca información sobre o seu reinado. Parece que foi expulsado en favor de Raedwulf, cuxo reinado é confirmado polo moedas atopadas. Este, con todo, tivo un curto período de reinado, xa que morreu en batalla contra os viquingos e, a continuación, Aethelred recuperou o trono. Aethelred foi asasinado poucos anos máis tarde, pero non se coñecen os detalles deste feito[1].
A datación do seu reinado é moi problemática. Segundo a bibliografía antiga, foi destituído no ano 844 e asasinado en 849, pero recentes interpretación da cronoloxía dos reis northumbrianos do século IX, en base a probas numismáticas, poñen o inicio do seu reinado sobre o ano 854, a súa expulsión sobre o ano 858, e o seu asasinato sobre o 862[2].
As novas moedas (styca) que se cuñaron durante o reinado de seu pai, estaban feitas dunha aliaxe de baixo contido en prata e moito de cinc, e continuáronse facendo durante o seu reinado. Atopamos grandes cantidades delas, algunhas das cales levan o nome dun cuñador chamado Eardwulf, que en antigas obras de numismática foi confundido co avó deste rei, Eardwulf.[3][4].
Æthelred II foi sucedido por Osberht.
Referencias
editar- ↑ Rollason, Gore & Jensen 1998, p. 56.
- ↑ Kirby 1992, p. 198.
- ↑ Fulk 2015, p. 259.
- ↑ Challis 1992, p. 15.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
- Rollason, David (2004). "Eardwulf (fl. 796–c.830), king of Northumbria". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. Consultado o 2007-10-03.
- Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8