Aelfwald II de Northumbria
Ælfwald II foi rei de Northumbria desde a deposición de Eardwulf en 806 ata quizais o 810.
Aelfwald II de Northumbria | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século VIII |
Falecemento | 808 |
Etnia | Anglos |
Ocupación | monarca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Esta información só aparece en dous escritos: un libro titulado De primo Saxonum adventu de autor anónimo e na Flores Historiarum de Roger de Wendover; en este último dise que Ælfwald foi o que destronou a Eardwulf[1].
Algúns autores cren que Ælfwald II gobernou por dous anos, ata que Eardwulf volveu e recuperou o poder co apoio do emperador Carlomagno e o papa León III. Outros cren que o fillo de Eardwulf, chamado Eanred, foi quen o sucedeu[2].
Como do reinado de Ælfwald hai só uns documentos con pouca información, o estudo das moedas cuñadas durante o seu reinado é un complemento para o seu estudo. Estas foron cuñadas na cidade de York polo propietario dunha ceca chamado Cuthheard, o mesmo que fixo todas as moedas coñecidas do reinado de Eardwulf.
O escritor W. G. Collingwood foi o autor no 1917 dun libro, que recrea a vida de Ælfwald, titulado The Likeness of King Elfwald. Esta obra está baseada nun longo estudo sobre a historia de Northumbria, un tema que o levou a publicar outro libro, Northumbrian Crosses of the pre-Norman Age en 1919.
NotasEditar
- ↑ Luard 1890, p. 391.
- ↑ Cannon, Cannon & Hargreaves 2009, p. 42.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Kirby, D.P., The Earliest English Kings. London: Unwin Hyman, 1991. ISBN 0-04-445691-3
- Rollason, David (2004). "Eardwulf (fl. 796–c.830), king of Northumbria". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. Consultado o 2007-10-03.
- Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. London: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8