Aethelwald Moll de Northumbria

Æthelwald Moll foi rei de Northumbria, reino histórico dos anglos na Inglaterra medieval, entre 759 e 765.

Infotaula de personaAethelwald Moll de Northumbria
Nome orixinal(en) Æthelwald Moll Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morte30 de outubro de 765 Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
8 de maio de 759 – 30 de outubro de 765
← Oswulf de NorthumbriaEalhred de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Northumbria Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeÆthelthryth (en) Traducir (762 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosAethelred I de Northumbria Editar o valor em Wikidata
O mapa que mostra os maiores reinos do norte de Gran Bretaña no século VIII. Northumbria estaba formada polos reinos antigos de Bernicia e Deira.

Traxectoria editar

Ascendeu ao poder tras o asasinato de Oswulf fillo de Eadberht; a súa ascendencia e conexións coa familia real de Northumbria son descoñecidas. Æthelwald afrontou polo menos unha rebelión, dirixida por Oswine, quizais un irmán de Oswulf. En 765 un Witenagemot de notábeis de Northumbria depuxo a Æthelwald e substituíuno con Ealhred, parente do seu predecesor. Despois da súa expulsión do trono Æthelwald converteuse en monxe, quizais involuntariamente.

Æthelwald casou cunha tal Æthelthryth en 762 en Catterick segundo fai constar Simeón de Durham. Sábese que tivo polo menos un fillo, Æthelred, que chegaría a ser rei.

Orixes editar

Æthelwald non aparece nas xenealoxías de reis de Northumbria, quizais porque non era descendente de Ida e os reis bernicianos. Descoñécese se descendía da dinastía deirana de Ælle, ou era sinxelamente un membro dunha familia nobre poderosa[1].

Probabelmente poida ser identificado co patricio Moll, rexistrado no reinado de Eadberht, a quen Eadberht e o seu irmán Ecgberht, arcebispo de York concederon os mosteiros de Stonegrave, Coxwold, e Donaemuthe, todos no moderno Yorkshire. Estes pertencerían ao irmán de Moll, o Abade Forthred[2][3].

Reinado editar

O 24 de xullo de 759, Oswulf foi asasinado por membros da súa propia casa. O rexicidio foi un delito "no que Æthelwald podía moi ben estar implicado"[4]. Æthelwald foi coroado rei de Northumbria o 5 de agosto de 759.

O seu reinado non foi sen oposición. O continuador da Historia ecclesiastica gentis Anglorum informa da morte dun certo Oswine en 761. A Crónica anglosaxoa e Simeón de Durham proporcionan máis detalles, lembrando que Oswine, foi asasinado loitando contra Æthelwald o 6 de agosto de 761 en Eildon Hill[5].

Æthelwald foi deposto o 30 de outubro de 765, aparentemente por un consello de nobres e prelados reunido en Pincanheale, un sitio importante utilizado para dous concilios eclesiásticos posteriores máis. Segundo os Anais irlandeses de Tigernach, Æthelwald foi tonsurado[6].

Sucedeuno o xenro de Eadberht, Ealhred.

Descendentes editar

Consta un matrimonio de Æthelwald cunha tal Æthelthryth en 762 en Catterick por Simeón de Durham[7]. Sábese que tivo polo menos un fillo, Æthelred, que chegaría a ser rei posteriormente.

Notas editar

  1. Kirby, pp. 150–151; Yorke, p. 89.
  2. [https://web.archive.org/web/20171023115744/http://www.pase.ac.uk/jsp/persons/CreatePersonFrames.jsp?personKey=9759 Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine. Moll en Prosopography of Anglo-saxon England]
  3. Kirby, p. 150.
  4. Así Williams, p. 51; ver tamén Kirby, pp. 98 & 150, que afirma que é "...moi probábel que estivese asociado cos responsábeis.
  5. Kirby, p. 151, afirma que as orixes de Oswine son descoñecidas.
  6. Simeón de Durham, p. 448; Kirby, p. 151.
  7. Simeón de Durham, p. 448; Kirby, p. 150.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar