Aviva Premiership 2011-2012
A tempada 2011-2012 da Aviva Premiership foi a vixésimo quinta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomou o nome Aviva do seu principal patrocinador, unha importante compañía de seguros.
Nome oficial | 2011-12 Aviva Premiership |
---|---|
Tipo | Aviva Premiership |
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Premiership Rugby Limited (en) |
Patrocinador | Aviva (empresa) (pt) |
Liña de meta | Londres |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
Localización | Inglaterra (Reino Unido) 53°N 1°O / 53, -1 |
Período de tempo | tempada 2011-2012 |
Intervalo de tempo | 3 de setembro de 2011 – 26 de maio de 2012 |
Número de edición | 25 |
Competición | |
Primeiro posto | Harlequin FC (1º) |
Ascenso e descenso | |
Descendido | Newcastle Falcons |
Datos estatísticos | |
Partidos | 135 |
Número de espectadores | 1.755.073 |
Formato da competición
editarO torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.
O sistema de puntuación foi o seguinte:
- 4 puntos pola vitoria.
- 2 puntos polo empate.
- 0 punto pola derrota.
- 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios.
- 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.
A liga comezou o 3 de setembro de 2011, e rematou o 26 de maio de 2012 coa gran final.
Táboa
editar
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Harlequins | 75 | 22 | 17 | 1 | 4 | 4 | 1 | |||||||
2º | Leicester | 74 | 22 | 15 | 1 | 6 | 9 | 3 | |||||||
3º | Saracens | 73 | 22 | 16 | 1 | 5 | 3 | 4 | |||||||
4º | Northampton | 65 | 22 | 14 | 0 | 8 | 5 | 4 | |||||||
5º | Exeter | 59 | 22 | 12 | 0 | 10 | 3 | 8 | |||||||
6º | Sale | 49 | 22 | 10 | 0 | 12 | 2 | 7 | |||||||
7º | Irish | 46 | 22 | 8 | 1 | 13 | 3 | 9 | |||||||
8º | Bath | 44 | 22 | 9 | 0 | 13 | 2 | 6 | |||||||
9º | Gloucester | 44 | 22 | 8 | 1 | 13 | 1 | 9 | |||||||
10º | Worcester | 36 | 22 | 7 | 1 | 14 | 0 | 6 | |||||||
11º | Wasps | 33 | 22 | 6 | 0 | 16 | 1 | 8 | |||||||
12º | Newcastle | 32 | 22 | 6 | 2 | 14 | 0 | 4 | |||||||
<<<< 2010/11 — Tempadas — 2012/13 >>>> En azul os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |
Semifinais e final
editarCompetición | Aviva Premiership | ||
Tempada | 2011-12 | ||
Estadio | Twickenham (Londres) | ||
Capacidade | 81.779 | ||
Campión | Harlequins | ||
Finalista | Leicester | ||
Resultado | 30 - 23 | ||
|
Semifinais | Final | ||||||
12 de maio, Londres | |||||||
1º. Harlequins | 25 | ||||||
4º. Northampton | 23 | ||||||
26 de maio, Londres | |||||||
1º. Harlequins | 30 | ||||||
2º. Leicester | 23 | ||||||
12 de maio, Leicester | |||||||
2º. Leicester | 24 | ||||||
3º. Saracens | 15 |
Na final da edición 2011-12 enfrontáronse inéditamente os Harlequins de Londres e os Tigers de Leicester. Para o equipo londiniense, que viña de rematar primeiro na táboa clasificatoria, era a primeira final da súa historia na liga inglesa de rugby, despois de 24 participacións. Para os Tigers, porén, era a oitava final consecutiva, e tiña a opción de acadar o seu décimo título de liga en 25 edicións disputadas.
O resultado final do encontro, disputado en Twickenham, foi de 30 a 23 a prol do conxunto arlequinado. Deste xeito o Harlequin FC fíxose co seu primeiro título de campión de liga.