European Rugby Champions Cup

torneo anual de rugby union
(Redirección desde «Copa de Campións Europea de Rugby»)

The European Rugby Champions Cup, coñecida por motivos de patrocinio como Heineken Champions Cup, é unha competición anual de rugby organizada pola European Professional Club Rugby (EPCR). A Champions Cup é a principal competición europea entre clubs, sendo todos os equipos de países cuxas seleccións nacionais participan no Seis Nacións. Os equipos poden obter a súa participación no torneo en función da súa clasificación na Premiership inglesa, o Top 14 francés ou o Pro14; ou tras gañar o Challenge Cup. Nesta última competición participan os equipos que non conseguiron a súa clasificación á Champions Cup.[1]

Modelo:Competición deportivaEuropean Rugby Champions Cup
Tipocompetición de rugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorEuropean Professional Club Rugby (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número de participantes20 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónEscocia (Reino Unido)
Inglaterra (Reino Unido)
Illa de Irlanda
Gales (Reino Unido)
Francia
Italia Editar o valor em Wikidata
Vixencia1995 – Editar o valor em Wikidata
Calendario da tempadaoutubroEditar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialepcrugby.com… Editar o valor em Wikidata
Facebook: EuropeanRugbyChampionsCup Twitter: ChampionsCup Instagram: europeanrugbychampionscup Editar o valor em Wikidata

Entre 1995 e 2014 a competición era coñecida como Heineken Cup e estaba organizada pola European Rugby Cup. Após unha disputa entre os membros da asociación sobre a estrutura e dirección da mesma, a organización mudou de nome a European Professional Club Rugby, perdendo a competición o nome do patrocinio até a temporada 2018−19 co regreso de Heineken. Os equipos máis laureados da competición son o Leinster e o Toulouse con catro títulos cada un.

Historia

editar

A Heineken Cup

editar

A Copa Heineken foi presentada no verán de 1995 por iniciativa do entón Torneo das Seis NaciónsComité das Cinco Nacións]] para crear un novo nivel competición internacional profesional. Na primeira edición doce equipos representantes de Francia, Gales, Irlanda, Italia e Romanía competiron en catro grupos de tres, pasando os gañadores de cada grupo directamente ás semifinais. A gran ausencia na primeira edición foi a dos equipos ingleses e escoceses. O xogo inaugural en Romanía, onde o Toulouse derrotou ao Farul Constanţa por 54-10, foi ante moi pouco público. Porén, co paso das xornadas a compeitición foi gañando con cada vez máis espectadores nos estadios. O Toulouse foi o primeiro gañador da Copa Europea tras derrotar ao Cardiff na prórroga, nun encontro que reuniu 21.800 espectadores no Cardiff Arms Park.

Os clubs de Inglaterra e Escocia entraron na competición entre 1996 e 1997. O rugby europeo expandiuse máis coa chegada da European Challenge Cup, formada cos equipos que non se clasificaban para a Heineken Cup. A Heineken Cup contaba agora con 20 equipos repartidos en catro grupos de cinco.

A nova copa

editar

A historia comeza cando no ano 2012, clubs franceses e ingleses manifestaron protestas contra o formato e a estrutura da Heineken Cup (organizada pola European Rugby Cup (ERC)) basándose na distribución de fondos económicos e no sistema de clasificación. Algúns fixeron protestas de que nun futuro, en lugar de que os países do Pro12 mandasen o mellor equipo de cada nación, tivesen que ir os mellores posicionados do Pro 12, sendo indiferente a súa nacionalidade.

En xuño de 2012, a Aviva Premiership e o Top 14, en representación dos clubs ingleses e franceses, notificáronlle á ERC que nun prazo de dous anos os equipos deixarían de xogar na Heineken Cup e no European Challenge Cup.

En setembro de 2012, os equipos da liga inglesa anunciaron un contrato de catro anos de televisión por 125.000.000 £ con BT Sport, o cal incluía os dereitos tanto para as competicións nacionais como para as competicións europeas. A ERC respondeu este anuncio reclamando á liga de Inglaterra que non tiña os dereitos das competicións europeas e anunciando un contrato da mesma duración para estes torneos pero con Sky Sports. En consecuencia, 12 meses máis tarde destes anuncios, os equipos ingleses e franceses proclamaron a súa intención de organizar o seu propio torneo continental, convidando ao resto de clubs europeos a unirse a el. Esta competición chamaríase Copa de Campións (en inglés: Champions Cup).

Un mes máis tarde, en outubro de 2013, a Federación de Rugby de Gales, representando os catro equipos da nación, confirmou o seu total apoio á nova Copa de Campións de rugby proposta polos ingleses e franceses.

Torneo actual

editar

O 10 de abril de 2014, logo de dous anos de duras negociacións, unha organización nova denominada European Professional Club Rugby anunciou que os tres grupos anteriores firmaran un acordo para a formación da European Rugby Champions Cup, a European Rugby Challenge Cup e un novo Torneo de Clasificación. No mesmo día, BT e Sky firmaron outro acordo, este para dividirse a cobertura da nova competición europea. Os dous emitirían os partidos da fase de grupos á metade, así como os cuartos de final e as semifinais. A final retransmitiríana as dúas canles de televisión á vez. BT tería o dereito preferente para elixir os partidos da Copa de Campións, mentres que Sky tería esa preferencia para os partidos da Challenge Cup.

Formato

editar

Esta competición difire da Heineken Cup no formato de 24 equipos. A maior diferenza é o resultado da redución do número de equipos que participan. Este número pasou dos 24 antigos aos actuais 20.

19 dos 20 equipos clasifícanse automaticamente pola posición que conseguen na súa liga:

  • Inglaterra. Clasifícanse os 6 primeiros da Aviva Premiershp.
  • Francia. Clasifícanse os 6 primeiros do Top 14.
  • Escocia, Italia, Gales, Irlanda. Clasifícanse 7 equipos do Pro14 segundo un criterio especial.
    • O equipo mellor posicionado de cada país clasifícase directamente.
    • As tres prazas restantes son para os tres equipos mellor posicionados que non conseguiron a praza da outra maneira

Play-Off pola 20ª praza

editar

Esta praza gáñaa o equipo que venza nun play-off entre os equipos mellor posicionados desas tres ligas que non se clasificaron.

  • Para a tempada 2014/15 houbo unha eliminatoria a dobre partido entre os sétimos clasificados das ligas de Francia e Inglaterra.
  • Para a tempada 2015/2016 houbo un play-off entre tres equipos: o 7º a liga inglesa, o 7º da liga francesa e o mellor posicionado dos non clasificados do Pro12.
  • Por facilitar a Copa do Mundo de Rugby 2015, para esa vixésima praza da copa de 2016 e 2017 clasificarase o equipo campión da European Rugby Challenge Cup 2015-2016.

Competición

editar

Fase de grupos

editar

A rolda de grupos compóñena 5 grupos de 4 equipos. Os grupos confecciónanse segundo a posición de cada club na súa respectiva liga. En cada grupo clasificouse o primeiro. Tamén se clasificaron os tres mellores segundos.

Fase final

editar

A fase final comeza cuns cuartos de final. Os gañadores pasan ás semifinais. E os gañadores á gran final. Os cuartos e as semis dispútanse a un partido e na casa do que logrou mellores resultados. A final xógase tamén a un partido pero en campo neutral.

Palmarés

editar

Finais

editar
Finais da Heineken Cup
Tempada CAMPIÓN Resultado FINALISTA Final
2018/19 -
2017/18   Leinster Rugby 15-12   Racing 92   Estadio de San Mamés, Bilbao
2016/17   Saracens F.C. 28-17   ASM Clermont   Murrayfield Stadium
2015/16   Saracens F.C. 21 - 9   Racing 92   Stade des Lumières, Lión
2014/15   RC Toulon 24 - 18   ASM Clermont  Twickenham Stadium, Londres

Títulos

editar
Equipo Campión Finalista Anos campión Anos finalista
  Saracens F.C. 2 0 15/16 e 16/17
  RC Toulon 1 0 14/15
  Leinster Rugby 1 0 17/18
  ASM Clermont 0 2 14/15 e 16/17
  Racing 92 0 2 15/16 e 17/18

Cobertura dos medios

editar
  1. "Qualification". European Professional Club Rugby. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2019. Consultado o 17 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar