A fase regular da tempada 2010-2011 do campionato francés de rugby comezou o 13 de agosto do 2010, chegou tras 26 xornadas ata abril do 2011, e en maio foron os playoffs polo título. Os 6 mellores equipos da tempada regular se clasificaron para estes playoffs. A final xogouse o 4 de xuño en París, no Stade de France.

Clermont era o defensor este ano do título obtido na pasada tempada, mentres que Agen e La Rochelle eran os equipos que debutaban este ano ó ter logrado o ascenso. Albi, que rematou na derradeira posición o ano anterior, descendeu, pero Bayonne volveu competir de novo na máxima competición do rugby francés a pesar de ter rematado a pasada tempada segundo pola cola, xa que outro equipo, Montauban, foi degradado de categoría por motivos económicos.

Equipos

editar
Equipo Estadio Capacidade Cidade Orzamento[1]
Agen Stade Armandie 14.000 Agen 09,81 millóns euros
Aviron Bayonnais Stade Jean-Dauger 16.934 Bayonne 15,75 millóns euros
Biarritz Olympique Parc des Sports Aguiléra 15.000 Biarritz 15,39 millóns euros
Bourgoin Stade Pierre-Rajon 9.441 Bourgoin-Jallieu 10,58 millóns euros
Brive Stade Amédée-Domenech 15.000 Brive 14,05 millóns euros
Castres Stade Pierre-Antoine 11.500 Castres 13,94 millóns euros
Clermont Parc des Sports Marcel-Michelin 16.334 Clermont-Ferrand 20,89 millóns euros
Montpellier Stade Yves-du-Manoir 15.000 Montpellier 15,01 millóns euros
USA Perpignan Stade Aimé-Giral 16.593 Perpiñán 14,08 millóns euros
Racing Métro 92 Stade Olympique de Colombes 14.000 Colombes, París 18,94 millóns euros
La Rochelle Stade Marcel-Deflandre 11.500 La Rochelle 08,31 millóns euros
Stade Français París Stade Charléty 20.000 París 19,28 millóns euros
RC Toulon Stade Mayol 13.700 Toulon 19,05 millóns euros
Stade Toulousain Stade Ernest-Wallon 19.500 Tolosa 29,53 millóns euros

Clasificación

editar

Play Offs

editar
Cuartos de final Semifinais Final
 13 de maio; Stade Marcel-Michelin, Clermont-Ferrand    27 de maio; Stade Vélodrome, Marsella      4 de xuño; Stade de France, París
 Stade Toulousain  29
 ASM Clermont Auvergne  27
 ASM Clermont Auvergne  6  
 Biarritz Olympique  17  
 28 de maio; Stade Vélodrome, Marsella  Stade Toulousain  15
 14 de maio; Stade Pierre-Antoine, Castres
   Montpellier HR  10
 Castres Olympique  17
 Montpellier HR  26  
 Montpellier HR  18  
 Racing Métro 92  25  
Final
Competición Top 14
Tempada 2010-11
Estadio Stade de France (París)
Capacidade 77.000
Campión Stade Toulousain
Finalista Montpellier HR
Resultado 15 - 10
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Campión


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Finalista


A final disputouse en campo neutral, como cada ano, no Stade de France, en París, e nela se enfrontaron diante de 77.000 persoas o Stade Toulousain e o Montpellier HR. O Stade Toulousain viña de rematar primeiro na clasificación da liga regular, con 82 puntos en 26 xornadas, vencendo nas semifinais a ASM Clermont Auvergne por 29-6 en Marsella. Pola súa banda, o Montpellier HR viña de rematar 6º na liga regular, polo cal tivo que disputar unha eliminatoria de cuartos de final, na que se enfrontou a Castres Olympique, vencendo por 18-17 en Castres. Despois tivo que vencer na semifinal a Racing Metro 92, o 2º equipo na liga regular, cun 26-25 no taboleiro, co cal Montpellier HR acadou a súa primeira final do Top 14 dende a fundación do club.

O encontro, arbitrado por Patrick Péchambert, comezou ás 20:45 h. do 4 de xuño. Stade Toulousain xogou co seu segundo equipamento, de cor branca, mentres que Montpellier HR vestíuse co seu primeiro equipamento, de cor azul.[2] Na primeira metade do encontro pasaron 26 minutos ata que se estreou o taboleiro. Foi entón cando Timoci Nagusa, nunha xogada individual, acadou o único ensaio do encontro a prol de Montpellier HR, que Martín Bustos Moyano transformou, deixando o resultado en 0-7. No minuto 37 David Skrela anotou un golpe de castigo para deixar o resultado en 3-7 cando chegou tempo de descanso.

A segunda metade comezou cun drop de François Trinh-Duc no primeiro minuto a prol do Montpellier HR. O resultado era 3-10 a prol do equipo de Hérault. Montpellier HR xa non anotou ningún punto mais no resto do encontro. David Skrela sumou 2 golpes de castigo a prol do Stade Toulousain nos minutos 47 e 67, de xeito que o taboleiro sinalaba un estreito 9-10. Non obstante, a actuación do apertura francés foi desafortunada, xa que acertou só 3 dos 8 golpes de castigo que pateou. Nos derradeiros minutos Nicolas Bézy engadiu 2 golpes de castigo mais a prol do Stade Toulousain nos minutos 70 e 75, que lle deron a volta ó taboleiro, e deixaron o resultado no 15-10 definitivo. Despois diso Montpellier HR atacou á desesperada co obxectivo de acadar un ensaio antes de que o árbitro pitase o final do encontro, pero non foi quen. O equipo de Hérault perdeu o encontro nos derradeiros 20 minutos coincidindo con 2 sin bin, un do á Nagusa e outro do medio de melé suplente Paillaugue.[3]

Con esta vitoria, o Stade Toulousain acadou o seu 18º título de campión francés, e valeu para curar a decepción pola eliminación do equipo nas semifinais da Heineken Cup fronte a Leinster Rugby un mes atrás.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar