Super Rugby
O Super Rugby é un campionato internacional de rugby no que participan de clubs profesionais de Australia, Fidxi e Nova Zelandia. A liga foi fundada sobre a base de varias competicións do hemisferio sur, as cales se remontan ao Campionato do Pacífico Sur de 1986. Este primeiro torneo contou con tres equipos de Nova Zelandia (Auckland, Canterbury e Wellington), dous de Australia (Queensland e Nova Gales do Sur) e Fidxi. Tras varias edicións, o torneo ampliouse en 1996 coa creación do Super Rugby, naquela altura coñecido como Super 12.
Tipo | competición de rugby a 15 |
---|---|
Organizador | SANZAR |
Número de participantes | 15 |
Localización e Datas | |
Localización | Xapón Nova Zelandia Arxentina Suráfrica Australia |
Vixencia | 1996 – |
Calendario da tempada | febreiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | superrugby.co.nz… |
A primeira edición de 1996 do Super Rugby contaba con doce equipos de tres países: Australia, Nova Zelandia e Suráfrica; países cuxas seleccións dominaron as primeiras edicións da Copa do Mundo. A orixe deste novo formato hai que buscala coa chegada do profesionalismo ao rugby, momento no que estas tres federacións crearon a SANZAR, un organismo encargado da organizar a competición. No ano 2006 chegou a primeira ampliación da competición, pasando esta a denominarse Super 14 debido a incorporación de dous novos equipos. En 2011 o número aumentou a 15, momento no que adoptou o actual nome de Super Rugby. En 2016 chegaron dous equipos de novos países: a Arxentina e o Xapón. Debido á pandemia de COVID-19 o formato mudou, ficando equipos tan só dos países oceánicos. Nas temporadas 2022 e 2023 o torneo recibirá o nome de Super Rugby Pacific. Os equipos dominadores da competición teñen sido os neozelandeses, destacando os Crusaders con dez títulos.
Historia
editarAntes do profesionalismo
editar- Entre 1986 e 1991 (South Pacific Championship)
En 1986 comezou a disputarse un torneo chamado South Pacific Championship integrado por seis equipos, tres deles de provincias neozelandesas (Auckland RFU, Canterbury RFU e Wellington RFU), outros dous australianos (un do estado de Nova Gales do Sur e outro do estado de Queensland), e un equipo representativo de Fidxi. A orixe deste torneo estivo na idea que tiveron na federación de Nova Gales do Sur de crear unha competición na que puidesen enfrontarse os equipos de Nova Gales do Sur e Queensland, así como doutros equipos, nun intento de competir coa popularidade que tiñan as competicións de rugby league nese momento en Australia, xa que a NRL estaba nun proceso de expansión fora da cidade de Sydney. Auckland RFU e Canterbury RFU foron os primeiros convidados a competir neste torneo por seren os equipos máis potentes da NPC (actual Mitre 10 Cup). Wellington RFU foi convidado despois, xa que o equipo contaba cun bo nivel, alén de ter a cidade un aeroporto importante. Finalmente foi convidada a federación de Fidxi, xa que naquela altura era a selección máis importante das illas do Pacífico. Os resultados finais deron como resultado os seguintes campións:
- 1986: Auckland
- 1987: Canterbury e Auckland (título compartido)
- 1988: Auckland
- 1989: Auckland
- 1990: Auckland
- 1991: Non se disputou
- En 1992 (Super 6)
Despois de non disputarse o torneo en 1991, este foi relanzado en 1992 cos mesmos participantes mais cunha nova denominación: Super 6. O campión final foi Queensland.
- Entre 1993 e 1995 (Super 10)
Após a desaparición do aparato legal do apartheid en Suráfrica entre 1990 e 1991, en 1992 a selección de rugby de Suráfrica foi readmitida nas competicións internacionais. Os Wallabies e os All Blacks fixeron un tour por Suráfrica nese mesmo ano, e as federacións de ambos os dous países (Australia e Nova Zelandia) viron a oportunidade de expandir a competición incluíndo equipos das provincias máis potentes de Suráfrica. Unha canle deportiva surafricana ofreceu un contrato televisivo moi importante para tres anos e a ampliación levouse a cabo. Os participantes no torneo serían:
- Os equipos representativos de Nova Gales do Sur e Queensland por Australia.
- Os 3 primeiros clasificados na Currie Cup por Suráfrica.
- O campión do torneo "3 Nacións do Pacífico" que disputaban
Fidxi, Samoa Occidental e Tonga.
- Os 4 primeiros clasificados na NPC por Nova Zelandia.
En 1993 participaron no Super 10 os conxuntos neozelandeses de Auckland, Otago, North Harbour e Waikato; os australianos de Queensland e Nova Gales do Sur; os surafricanos de Natal, Transvaal e Northern Transvaal; e o conxunto de Samoa Occidental. A final enfrontou a Transvaal e a Auckland, vencendo o equipo surafricano por 20 a 17.
En 1994 participaron Queensland e Nova Gales do Sur por Australia; North Harbour, Otago, Auckland e Waikato por Nova Zelandia; Transvaal, East Province e Natal por Suráfrica; ademais de Samoa Occidental. Nesta ocasión o equipo representativo de Queensland venceu ó de Natal na final por 21 a 10.
En 1995 participaron Transvaal, Western Province e Free State por Suráfrica; Nova Gales do Sur e Queensland por Australia; Otago, North Harbour, Auckland e Canterbury por Nova Zelandia; e Tonga. A final enfrontou a Queensland con Transvaal, sendo o resultado da final 30-16 a prol do conxunto australiano.
Profesionalismo e SANZAR
editar- Véxase tamén: SANZAAR.
No mes de agosto do ano 1995 foi proclamado oficialmente o profesionalismo do rugby pola IRB (actual World Rugby). Despois do éxito da Copa do Mundo de 1995, as federacións nacionais de rugby de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica xuntáronse para estudar a reestruturación do campionato. Para iso, crearon un novo organismo chamado SANZAR, encargado de artellar o novo torneo cun novo formato. Na mesma xuntanza decidiuse crear un novo torneo internacional chamado Tri Nations (actual Rugby Championship) que cada ano enfrontaría ás tres seleccións nacionais, e que tamén sería artellado pola SANZAR. Pouco despois a SANZAR chegou a un acordo coa empresa News Limited, pertencente a Rupert Murdoch, coa que asinou un contrato de dez anos polos dereitos televisivos da nova competición a cambio de 555 millóns de dólares.
O novo torneo, 100% profesional, estaría composto por 12 equipos representativos de provincias ou estados de Australia, Suráfrica e Nova Zelandia. Estes foron o 12 equipos que formarían parte da primeira edición do torneo Super 12:
- Por Suráfrica (4): Western Province, Northern Transvaal, Transvaal e Natal Sharks.
- Por Australia (3): Queensland Reds, NSW Waratahs e ACT Brumbies.
- Por Nova Zelandia (5): Auckland Blues, Waikato Chiefs, Otago Highlanders, Wellington Hurricanes e Canterbury Crusaders.
Nos anos posteriores a competición foi expandida en varias fases coa creación do Super 14 en 2006, o Super 15 en 2011 e o Super Rugby de 18 equipos en 2016. Con esta última ampliación incorporáronse ao torneo equipos da Arxentina (Jaguares) e o Xapón (Sunwolves). No ano 2018 o campionato conrtraeuse até os quince equipos, os cales foron divididos en tres conferencias: a autraliana, a neozelandesa e a surafricana.
Formato
editarAntes de 2011, o Super Rugby era unha competición de liga onde cada equipo xogaba con todos os outros unha vez; cada equipo tiña seis ou sete encontros na casa e seis ou sete partidos fóra. O gañador de cada xogo recibía catro puntos, dous se o encontro finalizaba en empate. A maiores, tamén se utilizaba o sistema de puntos de bonificación do rugby, onde se recibía un punto extra por anotar catro ou máis ou por perder por menos de sete puntos. A bonificación por ensaios mudou en 2016, de forma que agora un equipo ten que marcar tres ensaios ou máis que os seus adversarios. Ao finalizar a liga, os catro primeiros cklasificados xogaban unha rolda de semifinais, enfrontándose o primeiro contra o cuarto e o segundo contra o terceiro. Os vencedores destas roldas xogaban a final no estadio do equipo mellor clasficiado en liga. Con este sistema había un total de 91 partidos de temporada regular, de forma que se diputaba un total de 14 xornadas, nas que en cada unha descansaba un equipo.
O formato mudou entre 2011 e 2015, formando cada país a súa propia conferencia. Cada equipo dentro dunha conferencia xogaba contra cada equipo da mesma dúas veces, unha en casa e unha fóra. Por outra banda, cada equipo xogaba entón contra catro dos outros cinco equipos das outras conferencias unha vez. O formato das eliminatorias tamén mudou; participaban seis equipos: o campión de cada unha das tres conferencias, ademais dos tres seguintes equipos con máis puntos, independentemente da conferencia na que estivensen. Os catro peores equipos eran emparellados en dous xogos a partido único; os vencedores destes dous xogos xogaban contra os dous mellores clasificados, sendo o s vencedores destas eliminatorias os que xogaban a final. Nas temporadas 2016 e 2017 o formato mudou de novo debido á incorporación de tres equipos máis, un da Arxentina, outro do Xapón e un de Suráfrica. O campionato organizouse en catro conferrencias, tendo África dúas. En canto á fase eliminatroria, contou con oito equipos: os catro gañadores de cada conferencia enfrontáronse a catro equipos, tres do grupo neozelandés e un surafricano.
O actual formato, instaurado en 2018, conssite en tres conferencias con cinco equipos cada unha. As conferencias son a neozelandesa, a surafricana (cun equipo arxentino) e a australiana (cun equipo xaponés). Na fase de grupos hai dezanove xornadas, con cada equipo diputando dezaseis encontros (por tanto con dúas xorandas de descanso), resultando un total de 120 xogos. Cada equipo xoga oito encontros con rivais da súa conferencia e oito contra rivais doutras. Após o final da fase regular, oito equipos clasifícanse para xogar as eliminatorias: os campións de cada conferencia e os seguintes cinco equipos con máis puntos. Os campión máis o mellor do resto do equipos son os cabezas de serie en cuartos de final. Os campión de cuartos enfróntanse nas semifinais da que saen os dous finalistas. Todas as eliminatorias son a un único encontro, polo que perder significa ser eliminado.
Equipos
editarAs seguintes son as franquías que compiten no Super Rugby.
Club | Cidade | Subdivisión | País | Estadio | Capacidade | Debut |
---|---|---|---|---|---|---|
Blues | Auckland | Auckland | Nova Zelandia | Eden Park | 50.000 | 1996 (Super 12) |
Brumbies | Canberra | Territorio da Capital | Australia | Canberra Stadium | 25.011 | 1996 (Super 12) |
Chiefs | Hamilton | Waikato | Nova Zelandia | FMG Stadium Waikato | 25.800 | 1996 (Super 12) |
Crusaders | Christchurch | Canterbury | Nova Zelandia | Rugby League Park | 18.600 | 1996 (Super 12) |
Drua | Suva | División Central | Fidxi | Por decidir | − | 2022 |
Force | Perth | Australia Occidental | Australia | Perth Oval | 20.500 | 2006 (Super 14) |
Highlanders | Dunedin | Otago | Nova Zelandia | Forsyth Barr Stadium | 30.748 | 1996 (Super 12) |
Hurricanes | Wellington | Wellington | Nova Zelandia | Sky Stadium | 34.500 | 1996 (Super 12) |
Moana Pasifika | Auckland | Auckland | Nova Zelandia | Mount Smart Stadium | 30.000 | 2022 |
Rebels | Melbourne | Victoria | Australia | AAMI Park | 30.050 | 2011 |
Reds | Brisbane | Queensland | Australia | Suncorp Stadium | 52.500 | 1996 (Super 12) |
Waratahs | Sydney | Nova Gales do Sur | Australia | Sydney Cricket Ground | 44.000 | 1996 (Super 12) |
Arxentina | Australia | Xapón |
---|---|---|
Nova Zelandia | Suráfrica |
---|---|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Finais
editarAs finais dispútanse no estadio elixido polo equipo finalista que mellor clasificación tivo dos dous na tempada regular. A maior anotación dun equipo nunha final son os 61 puntos que anotaron os Bulls na final de 2009, e a menor anotación son os 3 puntos que anotaron os Lions en 2016 e os Jaguares en 2019:
Por equipo
editarNa seguinte táboa, os equipos están ordenados primeiro por número de finais disputadas, despois por número de vitorias e finalmente polo ano de primeira participación nunha final. Na columna de "Temporadas", os anos en grosa indican que o equipo gañou o título.
Apar. | Equipos | Vitorias | Derrotas | %V | Temporadas |
---|---|---|---|---|---|
14 | Crusaders | 10 | 4 | .714 | 1998, 1999, 2000, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2008, 2011, 2014, 2017, 2018, 2019 |
6 | Brumbies | 2 | 4 | .333 | 1997, 2000, 2001, 2002, 2004, 2013 |
4 | Blues | 3 | 1 | .750 | 1996, 1997, 1998, 2003 |
4 | Sharks | 0 | 4 | .000 | 1996, 2001, 2007, 2012 |
3 | Bulls | 3 | 0 | 1.000 | 2007, 2009, 2010 |
3 | Chiefs | 2 | 1 | .667 | 2009, 2012, 2013 |
3 | Waratahs | 1 | 2 | .333 | 2005, 2008, 2014 |
3 | Hurricanes | 1 | 2 | .333 | 2006, 2015, 2016 |
3 | Lions | 0 | 3 | .000 | 2016, 2017, 2018 |
2 | Highlanders | 1 | 1 | .500 | 1999, 2015 |
1 | Reds | 1 | 0 | 1.000 | 2011 |
1 | Stormers | 0 | 1 | .000 | 2010 |
1 | Jaguares | 0 | 1 | .000 | 2019 |
Por país
editarPaís | Apar. | Vitorias | Derrotas | %V |
---|---|---|---|---|
Nova Zelandia | 26 | 17 | 9 | .640 |
Suráfrica | 11 | 3 | 8 | .272 |
Australia | 10 | 4 | 6 | .400 |
Arxentina | 1 | 0 | 1 | .000 |
Xapón | — |
Títulos de conferencia
editarDese 2011 os equipos do Super Rugby están organizados por conferencias. A seguinte é unha lista dos campións de cada conferencia ano a ano. Cómpre destacar que nas temporadas de 2016 e 2017 non houbo tres conferencias, senón que se fixeron dous grandes grupos divididos en dúas conferencias cada un.
Ano | Australia | Nova Zelandia | Suráfrica |
---|---|---|---|
2011 | Reds | Crusaders | Stormers |
2012 | Reds | Chiefs | Stormers |
2013 | Brumbies | Chiefs | Bulls |
2014 | Waratahs | Crusaders | Sharks |
2015 | Waratahs | Hurricanes | Stormers |
2018 | Waratahs | Crusaders | Lions |
2019 | Brumbies | Crusaders | Jaguares |
Récords
editar- Históricos
- Puntos: 1708 – Dan Carter, Crusaders
- Ensaios: 60 — Israel Folau, Waratahs
- Conversións: 185 – Daniel Carter, Crusaders
- Penaltis: 202 – Andrew Mehrtens, Crusaders
- Ensaio máis rápido: 8 segundos – Bryan Habana, Stormers
- Xogos consecutivos: 104 – Caleb Ralph, Crusaders
- Xogos disputados: 200 – Wyatt Crockett, Crusaders
- Nunha temporada
- Puntos: 263 – Morné Steyn, Bulls, 2010
- Ensaios: 16 – Ben Lam, Hurricanes, 2018
- Conversións: 52 – Elton Jantjies, Lions, 2017
- Penaltis: 51 – Morné Steyn, Bulls, 2010
- Drop Goals: 11 – Morné Steyn, Bulls, 2009
- Nun xogo
- Puntos: 50 – Gavin Lawless, Sharks
- Ensaios: 4 – Joe Roff (Brumbies); Gavin Lawless e Stefan Terblanche (Sharks); Joeli Vidiri, Doug Howlett, Mils Muliaina e Rieko Ioane (Blues); Sean Maitland e Caleb Ralph (Crusaders); Sitiveni Sivivatu, Asaeli Tikoirotuma e Charlie Ngatai (Chiefs); Drew Mitchell (Waratahs); Huw Jones (Stormers); Courtnall Skosan e Madosh Tambwe (Lions), Ben Lam e Ngani Laumape (Hurricanes)
- Conversións: 13 – Andrew Mehrtens, Crusaders
- Golpes de castigo: 9 – Elton Jantjies, Lions
- Drop Goals: 4 – Morné Steyn, Bulls
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Super Rugby |