Victoria, Australia
Victoria[1][2] ou Vitoria[3] é o estado máis pequeno de Australia, sen contar con Tasmania. Atópase no sueste do continente. A súa poboación estímase en 5 millóns, coa maior densidade do país. A súa capital é Melbourne no fondo da baía de Port Phillip. Ocupa a franxa costeira adxacente ao estreito de Bass, fronte á illa de Tasmania.
Historia
editarDespois de que se fundase a colonia de Nova Gales do Sur en 1788, o continente australiano foi dividido en dúas partes, a oriental pasou a chamarse Nova Gales do Sur e a occidental Nova Holanda. Baixo a administración colonial de Sydney, creouse o primeiro asentamento en Vitoria, Portland. Melbourne fundouse en 1835.
En 1851 descubriuse ouro en Ballarat. Co paso do tempo fóronse realizando máis descubrimentos ao longo de toda Vitoria. As minas eran tan importantes, que a poboación e a economía creceron desmesuradamente. Ese mesmo ano concedeuse a independencia de Nova Gales do Sur. En 1901 Vitoria deixou de ser colonia e converteuse en Estado de Australia. Melbourne foi a capital mentres se construía Canberra.
Goberno
editarA forma política está recollida na Constitución de 1855, aínda que foi emendada en varias ocasións. Desde a unión a Australia, as relacións entre Vitoria e os demais estados están reguladas pola Constitución de Australia.
O sistema usado é o de Westminster. un goberno parlamentario baseado no modelo do Reino Unido. O poder lexislativo radica no Parlamento de Vitoria, que está composto pola coroa (representada polo gobernador) e por dous cámaras.
Economía
editarA economía de Vitoria baséase nas minas de ouro e carbón así como nas extraccións de petróleo. Fóra de Melbourne, onde predominan as manofacturas, o resto do territorio está dedicado á agricultura e a gandería, especialmente a ovina.
Xeoloxía e xeografía
editarA fronteira norte de Vitoria é a ribeira meridional do río Murray. Ao oeste atópase Australia Meridional. Hai moitas diferenzas topográficas, xeolóxicas e climáticas, desde o tépedo e húmeno clima de Gippsland ata os Alpes de Vitoria onde os picos de ata 2 mil metros de altitude están cubertos por unha capa de neve. Ao noroeste atópanse planicies semidesérticas.
Hai varios sistemas fluviais en Vitoria debido ás importantes precipitacións. O máis importante é o río Murray, aínda que tamén son destacables os ríos Ovens, King, Campaspe, Loddon, Wimmera, Elgin, Barwon, Thompson, Snowy, Latrobe, Yarra, Maribyrnong, Mitta e Kiewa.
Melbourne reúne a case o 70% da poboación total dominando á súa vez a economía, os medios de comunicación e a cultura.
É remarcable, que a Estación Meteorolóxica local posúe datos de termometría do aire, a 15 dm do chan, desde 1881 a 1992, sen acceso á "mancha de calor" urbana, clásica doutras Estacións invadidas pola illa de calor da urbanización.
Turismo
editarOs destinos turísticos máis importantes son:
Notas
editar- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.