Selección de rugby de Tonga

A Selección de rugby de Tonga representa a Tonga nas competicións oficiais de rugby. O combinado adoita ser coñecido como Ikale Tahi (Aguias do mar). Coma os seus veciños da Polinesia, os tonganos realizan unha danza guerreira, o sipi tau, antes do comezo dos seus partidos.

Tonga
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)ʻIkale Tahi
EmblemaPomba branca
UniónTonga Rugby Football Union
AdestradorToutai Kefu
CapitánSiale Piutau
Mais capsNili Latu (54)
Máximo anotadorKurt Morath (338)
Máis ensaiosFetu'u Vainikolo (15)
EstadioTeufaiva Sport Stadium
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual13 (2 de decembro de 2019)
Máximo9 (2011)
Mínimo20 (2006)
Estrea internacional
Tonga Tonga 9−6 Fidxi Fidxi
Nukuʻalofa, Tonga; 25 de agosto de 1924
Maior vitoria
Tonga Tonga 119−0 Corea do Sur
Nukuʻalofa, Tonga; 22 de marzo de 2003
Maior derrota
Nova Zelandia 102−0 Tonga Tonga
Auckland, Nova Zelandia; 16 de xuño de 2000
Copa do Mundo
Participacións7 (primeira en 1987)
Mellor resultadoPrimeira fase (1987, 1995, 1999, 2003, 2007, 2011, 2015, 2019)

Tonga forma parte da Pacific Islands Rugby Alliance que agrupa ademais ás federacións de Samoa e Fidxi.

A pesar de que a poboación de Tonga apenas supera os 100.000 habitantes e menos de 800 xogadores practican o rugby, o equipo de Tonga posúe un bo nivel. Algúns dos máis famosos xogadores de rugby proceden de Tonga, aínda que triunfaron coas seleccións doutros países: Jonah Lomu, Isitolo Maka ou Willy Ofahengaue, entre outros.

Copa do Mundo de Rugby editar

Participacións de Tonga na Copa do Mundo.

Edición Organizador Posto
1987   Nova Zelandia e   Australia Fase de grupos
1991   Inglaterra[1] Non se clasificou
1995   Suráfrica Fase de grupos
1999   Gales[2] Fase de grupos
2003   Australia Fase de grupos
2007   Francia[3] Fase de grupos
2011   Nova Zelandia Fase de grupos
2015   Inglaterra[4] Fase de grupos
2019   Xapón Fase de grupos

Notas editar

  1. coa asistencia de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
  2. coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
  3. coa asistencia de País de Gales e Escocia
  4. coa asistencia de Gales

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar