Western Province é un equipo profesional de rugby que se fundou en 1883 en Cidade do Cabo, e que compite anualmente no campionato surafricano, a Currie Cup. O club está dirixido pola Western Province Rugby Football Union, que tamén dirixe ó equipo dos Stormers que compiten no Super 14.

Western Province
NomeWestern Province
Fundación1883
SedeCidade do Cabo, Suráfrica
Estadio(s)Estadio de Newlands
Capacidade50.900 persoas espectadores
AdestradorJohn Dobson
CapitánDeon Fourie
Liga(s)Currie Cup
2010
Casa
Na rede
http://www.thestormers.com TheStormers.com]

Creada no ano 1883, a nova Union comezou a competir na Currie Cup dende a súa primeira edición en 1889, conquistándoa ese ano e ata 1898 sen escisións, demostrando que era a Union mais potente do país. Este dominio foi moi grande durante décadas, de tal xeito que conquistou 22 das 30 edicións da Currie Cup ata finais dos anos 60, cando Northern Transvaal tomou o seu relevo como equipo dominador da competición.

Nas filas de Western Province xogan actualmente grandes estrelas do rugby mundial como Bryan Habana, Schalk Burger, Jaque Fourie ou Jean de Villiers, compoñentes indispensables da selección surafricana de rugby que gañou o mundial do 2007, e rematou a tempada 2010 da Currie Cup como subcampión ó perder na final por 30 a 10 fronte a Natal Sharks.

Dende a chegada do profesionalismo ó rugby e a creación do torneo Super 12 (dende o 2011 Super 15), o club foi a base sobre a que estaba formado o equipo dos Stormers, un dos 5 equipos surafricanos que compiten no torneo Super 14 contra equipos neozelandeses e australianos polo máximo trofeo entre clubs do rugby no hemisferio Sur.

O Western Province xoga os seus partidos como local no Newlands Stadium de Cidade do Cabo, coñecido en Suráfrica como 'a casa do rugby surafricano', e que ten unha capacidade para 50.900 persoas.

Títulos editar

  • Currie Cup = (32) 1889, 1892, 1894, 1895, 1897, 1898, 1904, 1906, 1908, 1914, 1920, 1925, 1927, 1929, 1932, 1934, 1936, 1947, 1954, 1959, 1964, 1966, 1979, 1982-1986, 1989, 1997, 2000, 2001
  • Vodacom Cup = (0)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar