SANZAAR
O SANZAAR (siglas de South Africa, New Zealand, Australia and Argentina Rugby) é un organismo composto polas federacións nacionais de rugby de Suráfrica, Australia, Nova Zelandia e a Arxentina, que ten a tarefa de organizar cada ano os torneos Super Rugby e Tri Nations. As 3 seleccións nacionais (All Blacks, Springboks e Wallabies) teñen sempre garantida a súa participación nas Copas do Mundo de Rugby.
SANZAAR | |||
---|---|---|---|
Tipo | organización deportiva ![]() | ||
Deporte | rugby a 15 ![]() | ||
Personalidades | |||
Propietario/a | South African Rugby Union (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
Fundador/a | Rugby Australia (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1996 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Sydney ![]() | ||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | super.rugby… ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO SANZAR foi fundado en 1996, despois de que a IRB decidise profesionalizar o rugby en 1995. O obxectivo inicial era crear 2 torneos atractivos, un a nivel de seleccións nacionais (o Tri Nations) e outro a nivel de equipos provinciais (o Super 12), para acadar cartos coas vendas dos dereitos televisivos.
En 2009 estivo a piques de producirse a marcha de Suráfrica, aínda que as negociacións que se fixeron acadaron o acordo desexado, e Suráfrica mantívose no SANZAR.
En 2012 Arxentina será convidada a participar no torneo Tri Nations, o cal non significa que Arxentina entre no SANZAR, senón que será unha proba.