A tempada 2005 do Super 12 (actual Super Rugby) foi a 10ª edición da máxima competición mundial de rugby entre franquías, organizada no hemisferio Sur pola SANZAR, entre equipos de Nova Zelandia, Australia e Suráfrica. Esta edición do torneo contou por derradeira ocasión con 12 equipos, antes da inclusión dos Central Cheetahs e do Western Force no campionato. Os 12 equipos disputaron unha tempada regular con 12 xornadas, seguida duns playoffs entre os 4 mellores equipos. O campionato foi gañado polos Crusaders, o equipo neozelandés que acadou así o seu 5º título, vencendo na final ós NSW Waratahs de Sydney.

A primeira xornada disputouse o 11 de febreiro de 2005, mentres que a final tivo lugar en Christchurch o día 28 de maio de 2005.

Tempada regular editar

Equipos Xogados Gañados Empates Perdidos Pts A Prol Pts Contra Dif. Pts Bonus PUNTOS
1   Crusaders 11 9 0 2 459 281 178 8 45
2   Waratahs 11 9 0 2 322 174 148 5 41
3   Bulls 11 7 0 4 301 229 72 6 34
4   Hurricanes 11 8 0 3 281 248 33 2 34
5   Brumbies 11 5 1 5 260 266 -6 7 29
6   Chiefs 11 5 1 5 272 250 22 6 28
7   Blues 11 6 0 5 243 216 27 3 27
8   Highlanders 11 6 1 4 221 214 7 1 27
9   Stormers 11 3 1 7 215 320 -105 4 18
10   Reds 11 3 0 8 185 282 -97 5 17
11   Cats 11 1 1 9 226 326 -100 7 13
12   Sharks 11 1 1 9 205 384 -179 5 11

Eliminatorias polo título editar

 
O Jade Stadium acolleu a final desta edición do Super 12.
  Semifinais Final
             
20 de maio, Christchurch
 1.   Crusaders 47  
 4.   Hurricanes 7  
 
28 de maio, Christchurch
     1.   Crusaders 35
   2.   Waratahs 25
21 de maio, Sydney
 2.   Waratahs 23
 3.   Bulls 13  


Estatísticas editar

O máximo anotador de puntos do torneo foi Peter Hewat, dos NSW Waratahs, con 174 puntos. O máximo anotador de ensaios foi Rico Gear, dos Crusaders, con 15.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar