Lancaster Park
O Lancaster Park, antes coñecido como Jade Stadium e AMI Stadium, foi un recinto deportivo da cidade de Christchurch, na Illa Sur de Nova Zelandia, que se dedicou principalmente á práctica de rugby e crícket. Inaugurado en 1881, tiña capacidade para 38.628 espectadores. Era un dos estadios mais senlleiros dentro do mundo rugbístico, xa que acollía os encontros que disputaba como local o equipo dos Crusaders (o equipo máis laureado do mundo desde a profesionalización deste deporte en 1995), así como moitos encontros dos All Blacks, tanto amigables como do torneo Tri Nations. Neste estadio téñense disputado varias finais do torneo Super Rugby.
Lancaster Park | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°32′31″S 172°39′15″L / -43.541944444444, 172.65416666667 |
Localización | Christchurch, Nova Zelandia |
Nomes antigos | Jade Stadium (1998–2007) AMI Stadium (2007–2011) |
Construción | |
Inauguración | 1881 |
Renovación | 1995–2009 |
Demolición | 2019 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 38.628 |
Propietario | Victoria Park Trust |
Operadora | VBase Venue Management |
Localía | Crusaders (Super Rugby) Canterbury RFU (ITM Cup) |
Web | http://www.amistadium.co.nz/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2011 estaba previsto que o estadio acollese varios dos encontros da Copa do Mundo de Rugby, pero en febreiro de 2011 un terremoto de 6'3 na escala de Richter sacudíu a cidade de Christchurch, deixando 145 persoas mortas e moitos danos na estrutura do estadio, facendo que fose imposible a disputa de calquera tipo de evento deportivo nel. Debido a isto, decidiuse finalmente derribar o recinto.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lancaster Park |