Mitre 10 Cup

(Redirección desde «ITM Cup»)

A Mitre 10 Cup (anteriormente ITM Cup e Air NZ Cup por razóns de patrocinio) é o campionato profesional de rugby en Nova Zelandia. Antes de 2006 o seu nome era National Provincial Championship (NPC) e o seu formato non era profesional. O torneo conta con 14 equipos divididos en dúas divisións. Os equipos participantes son representativos das diversas rexións do país, polo tanto non é unha liga de clubs. A primeira edición da NPC tivo lugar no ano 1976.

Modelo:Competición deportivaMitre 10 Cup
Nome na lingua orixinal(en) Mitre 10 Cup Editar o valor en Wikidata
Tipocompetición de rugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorNew Zealand Rugby (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes14 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísNova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Vixencia2006 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialprovincial.rugby… Editar o valor en Wikidata
Instagram: bunningsnpc Editar o valor en Wikidata

No hemisferio Sur o calendario rugbístico está disposto de tal xeito que os campionatos nacionais de Suráfrica e Nova Zelandia non coincidan no tempo co potentísimo torneo do Super Rugby, composto por franquías de Australia, Suráfrica, Nova Zelandia, a Arxentina e o Xapón, de xeito que a Mitre 10 Cup poida ser un trampolín para que os xogadores máis salientables poidan ascender ó máximo nivel internacional nalgunha das cinco franquías neozelandesas.

Equipos e situación xeográfica

editar

Campións

editar
Títulos por equipo
  • 17 Títulos: Auckland
  • 14 Títulos: Canterbury
  • 4 Títulos: Wellington
  • 2 Títulos: Otago e Waikato
  • 1 Título: Bay of Plenty, Manawatu, Counties Manukau, Taranaki e Tasman

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar