Canterbury RFU
Canterbury Rugby Football Union é o organismo que regula as competicións de rugby na rexión de Canterbury, en Nova Zelandia. O seu equipo representativo, con sede en Christchurch, é un dos 14 equipos rexionais que compoñen o campionato nacional de liga (chamado ITM Cup por razóns económicas), unha das competicións de rugby máis importantes do mundo.
Nome | Canterbury Rugby Football Union | |
---|---|---|
Fundación | 1883 | |
Sede | Christchurch, Nova Zelandia | |
Estadio(s) | AMI Stadium | |
Capacidade | 38.600 persoas espectadores | |
Liga(s) | ITM Cup | |
2011 | Campión | |
| ||
Na rede | ||
http://www.crfu.co.nz |
Palmarés
editarO Canterbury RFU é o segundo equipo máis laureado da liga neozelandesa de rugby.
Competicións nacionais
editar- ITM Cup (9) = 1977, 1983, 1997, 2001, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011
- Ranfurly Shield = 14 conquistas e 129 defensas
Competicións internacionais
editar- Ver Super Rugby e Crusaders.
Estadio
editarO AMI Stadium é o estadio no que xoga os seus encontros como local o Canterbury RFU. É un recinto cunha capacidade superior a 38.000 persoas.
Neste estadio tamén disputa os seus encontros o conxunto de Crusaders do Super Rugby, e nalgunhas ocasións nel tamén se disputan encontros de crícket.
O estadio quedou moi danado tralo sismo que sufriu a cidade de Christchurch a comezos do ano 2011, polo cal foi retirado da lista de estadios da Copa do Mundo de Rugby 2011.
Xogadores históricos
editarÓ longo da historia do rugby neozelandés, Canterbury RFU achegou ducias de xogadores á Selección de rugby de Nova Zelandia. Algúns dos xogadores máis importantes foron Andrew Mehrtens, Richie McCaw, Daniel Carter, Justin Marshall ou Ian Kirkpatrick.