Os Lions son un equipo profesional de rugby fundado en 1996, que compite no Super Rugby representando á rexión de Transvaal (Suráfrica), e que ten a súa sede na cidade de Xohanesburgo. O equipo dos Lions que xoga na primeira metade do ano no Super Rugby está construído sobre a base dos Golden Lions que disputan a Currie Cup surafricana na segunda metade do ano, e ámbolos dous equipos están gobernados pola Transvaal Rugby Union.

Lions
NomeLions
Fundación1996
SedeXohanesburgo, Suráfrica
Estadio(s)Ellis Park
Capacidade59.611 espectadores
Adestrador Johan Ackermann
Capitán Warren Whiteley
Liga(s)Super Rugby
2015
Casa
Fóra
Na rede
http://www.lionsrugby.co.za/
Instagram: lionsrugbyunion Editar o valor em Wikidata

Estadio editar

Os Lions xogan os seus encontros como locais no estadio Ellis Park de Xohanesburgo, un recinto inaugurado en 1928, chamado así polo inventor do rugby (William Webb Ellis), que ten capacidade para acoller 59.611 seareiros nas súas bancadas. Os Lions comparten este estadio cos Golden Lions da Currie Cup e co equipo de fútbol dos Orlando Pirates. O estadio Ellis Park acolleu a final da Copa do Mundo de Rugby 1995 na que a Selección de rugby de Suráfrica acadou o seu primeiro título mundial.

Xogadores editar

Actualmente estes son os xogadores que compoñen o equipo dos Lions:

1ª Liña

  • Ruan Dreyer
  • Corné Fourie
  • Julian Redelinghuys
  • Pieter Scholtz
  • Dylan Smith
  • Jacques van Rooyen

Talonadores

  • Robbie Coetzee
  • Malcolm Marx
  • Ramone Samuels
  • Akker van der Merwe

2ª Liña

  • Lourens Erasmus
  • Andries Ferreira
  • Robert Kruger
  • MB Lusaseni
  • Franco Mostert
  • Martin Muller
 

3ª Liña

  • Ruan Ackermann
  • Fabian Booysen
  • Cyle Brink
  • Stephan de Wit
  • Jaco Kriel
  • Ruaan Lerm
  • Warwick Tecklenburg
  • Warren Whiteley (c)

Medios Melé

  • Ross Cronjé
  • Faf de Klerk
  • Dillon Smit

Aperturas

  • Marnitz Boshoff
  • Ashlon Davids
  • Elton Jantjies
  • Jaco van der Walt
 

Centros

  • Stokkies Hanekom
  • Rohan Janse van Rensburg
  • Lionel Mapoe
  • Howard Mnisi
  • Jacques Nel
  • Harold Vorster

Ás

  • Ruan Combrinck
  • Sampie Mastriet
  • Courtnall Skosan
  • Anthony Volmink

Zagueiros

  • JW Bell
  • Andries Coetzee
  • Sylvian Mahuza

Traxectoria editar

A traxectoria dos Lions no torneo Super Rugby pode ser considerada como moi mala, xa que rematou último na clasificación ata en 5 ocasións, cifra récord, e tan só tivo 3 participacións que se poidan cualificar como boas, nos anos 1997, 2000 e 2001. Nas tempadas restantes sempre tivo mais derrotas que vitorias.

 
Ellis Park, fogar dos Lions.
Tempadas Pos. Xogados Gañados Empates Derrotas Puntos+ Puntos- Diferenza Bonus PUNTOS Playoffs
2011 14º 16 3 0 12 351 477 -126 7 29
2010 14º 13 0 0 13 270 585 -315 5 5
2009 12º 13 4 0 9 294 419 -125 9 25
2008 14º 13 2 1 10 206 367 -161 2 12
2007 12º 13 5 0 8 175 284 -109 2 22
2006 13º 13 2 1 10 220 405 -185 5 15
2005 11º 11 1 1 9 226 326 -100 7 13
2004 12º 11 1 0 10 294 459 -165 7 11
2003 12º 11 2 0 9 259 398 -139 4 12
2002 11º 11 1 0 9 217 370 -153 2 6
2001 11 7 0 4 285 244 +41 6 34 (caeu nas semifinais fronte ós Sharks)
2000 11 7 0 4 320 334 -14 4 32 (caeu nas semifinais fronte ós Brumbies)
1999 11º 11 4 0 6 312 341 -29 6 22
1998 12º 11 2 0 9 266 346 -80 7 15
1997 11 5 1 5 302 346 -44 6 28
1996 10º 11 3 0 8 228 299 -71 4 16

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar