William Webb Ellis

Crego anglicano que é famoso por supostamente ser o inventor do fútbol de rugby

Williams Webb Ellis, nado o 24 de novembro de 1806 en Salford (Inglaterra) e finado o 24 de febreiro de 1872 no sur de Francia, foi un crego anglicano, famoso por ser considerado o inventor dun importante deporte, o rugby. Na súa honra, dende 1987, o equipo que gaña a Copa do Mundo de Rugby recibe a Copa Webb Ellis.

Infotaula de personaWilliam Webb Ellis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1806 Editar o valor em Wikidata
Salford (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 1872 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Menton, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacimetière du Trabuquet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor em Wikidata
EducaciónBrasenose College, Oxford (pt) Traducir
Rugby School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby , inventor , clérigo , xogador de criquet Editar o valor em Wikidata
DeporteRugby
Crícket
rugby a 15 Editar o valor em Wikidata
Richie McCaw erguendo a Copa Webb Ellis en 2011.

Traxectoria editar

Webb Ellis naceu en Salford, Lancashire (algunhas fontes din que naceu en Manchester, como o mesmo Webb Ellis dixo no censo de 1851). Williams foi o máis novo dos dous fillos de James Ellis, un oficial de cabalaría, e Webb Ann, con quen casou en 1804. Despois de que o seu pai morrera na Batalla de Albuera en 1811, a viúva Webb Ann Ellis decidiu cambiala súa residencia á localidade de Rugby, Warwickshire, para que Thomas, o irmán mais vello de Williams, puidese recibir educación de balde na Rugby School, á que tiñan dereito aqueles rapaces que vivisen nun radio de 10 millas ó redor da Torre do Reloxo de Rugby. Williams frecuentou a escola entre 1816 e 1825, e quedou rexistrado como un bo alumno e xogador de crícket. O incidente no que supostamente Webb Ellis colleu a pelota nos seus brazos durante un encontro de fútbol e correu con ela nas mans para marcar un tanto, aconteceu na segunda metade de 1823.

Despois de deixar a localidade de Rugby en 1826, foi ó Brasenose College de Oxford con 18 anos de idade. Alí xogou a crícket para a súa facultade, defendendo as cores da Universidade de Oxford fronte á Universidade de Cambridge en 1827. Despois de graduarse en 1829, entrou na igrexa anglicana, sendo capelán en Londres e máis adiante reitor en Magdalen Laver, Essex. O único retrato coñecido del apareceu no Illustrated London News, en 1854, despois de dar un sermón sobre o tema da Guerra da Crimea.

Orixe do mito editar

A única fonte sobre a historia de Webb Ellis collendo o balón coas mans nun encontro de fútbol é Matthew Bloxam, un anticuario local e antigo alumno de Rugby. O 10 de outubro de 1876 Bloxam escribiu un artigo para The Meteor (a revista da Rugby School) no cal narrou como, segundo unha fonte sen identificar, se levou a cabo o troco dun deporte que se xoga cos pés converténdose noutro que se xoga coas mans, troco que foi "... orixinado por un neno da cidade chamado Ellis, Webb Ellis".

O 22 de decembro de 1880, noutra carta a The Meteor, Bloxam elaborou a historia:

"Un neno chamado Ellis - William Webb Ellis - un neno do pobo e un pioneiro, ... mentres xogaba ó fútbol no equipo principal do colexio, en 1823, colleu o balón nos seus brazos. De acordo coas normas daquela época, debería terse detido, camiñar cara atrás todo o que quixese, mentres que os rivais poderían achegarse a el só ata o lugar onde collera a pelota, e non podería avanzar polo campo ate darlle unha patada ó balón ou pasarlla a un compañeiro para que fose el quen lle dese a patada, sendo como era naqueles tempos o xeito mais cotiá de anotar goles. Ellis, por primeira vez, ignorou esa regra, e no canto de retirarse cara atrás, foi para adiante co balón nas súas mans en dirección á zona de anotación, cun resultado que descoñezo, e descoñezo tamén como esta violación dunha regra ben coñecida foi seguida, ou cando pasou a ser, como é agora, unha regra vixente do xogo. "

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar