Essex

condado de Inglaterra
Essex
Condado do Reino Unido
Flag of Essex.svg Arms of Essex.svg
Bandeira - Escudo
Essex UK locator map 2010.svg
Capital Chelmsford
Área 3.670 km²
Poboación 1 737 900
Densidade 473'5 hab./km²
Distritos 14

Essex é un condado situado ao leste de Londres, formando parte da rexión oriental de Inglaterra. Ocupa unha área de 3.670 km², cunha poboación estimada en 2010 de 1 737 900 habitantes.[1]

A capital do condado é a cidade de Chelmsford, sendo a súa cidade máis importante. Outras cidades salientables de Essex son Colchester (a cidade máis vella da Inglaterra), e Southend, un dos maiores balnearios do Reino Unido.

Limita co Gran Londres e con Hertfordshire, Cambridgeshire e Suffolk. A súa fronteira con Kent é o río Támese.

A orixe do nome "Essex" está no antigo reino de Essex, fundado polos anglosaxóns cara o ano 600. Os saxóns chegaron a Gran Bretaña, primeiro como foederati do Imperio Romano e despois como colonos, cara finais do século IV. Os que se asentaron no leste, ó longo da vía que comunicaba Londinium e Camulodunum foron chamados estseaxni (saxóns orientais), nome que, co paso dos séculos, derivou no actual Essex.

DistritosEditar

 
Distritos de Essex.
Distritos do condado de Essex
Distrito Poboación
1 Harlow 78.889
2 Epping Forest 124.700
3 Brentwood 74.800
4 Basildon 175.200
5 Castle Point 86.608
6 Rochford 83.400
7 Maldon 63.200
8 Chelmsford 169.500
9 Uttlesford 77.500
10 Braintree 144.000
11 Colchester 181.000
12 Tendring 148.500
13 Thurrock 159.700
14 Southend-on-Sea 165.300

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. "UK Government Web Archive" (PDF). webarchive.nationalarchives.gov.uk. Consultado o 2023-05-08. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar